DOMINGO 12 DE NOVEMBRO ÁS 19.00 H. NO TEATRO ELMA
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO
“Terapia de bar”
O bar «Da Costa» non está na costa. É un bar perdido no medio do monte onde rara vez para ninguén. A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios culpables de todos os males do ser humano.Cada cliente que teña a mala sorte de entrar comprobará nas súas carnes as terribles terapias que lles aplicarán os «salvadores»: acupuntura con coitelos de matar porcos, hipnose ou exorcismos con litros de licor café. Cada terapia elimina efectivamente cada vicio, aínda que tamén pode eliminar ó paciente.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Red Cultural da Deputación da Coruña.