Archivo por meses: noviembre 2017

“Nabiza Girl”

 

Primeira actuación do programa “Monologando no Elma”

Domingo 3 de decembro a actriz  Isabel Risco presenta o seu espectáculo “Nabiza Girl”.

A protagonista é Chelo García Naveira, unha persoaxe inventada  pola interprete, que co paso do tempo, configurou un dos seus alter ego artístico.

O humor, a idiosincrasia galega e as historias absurdas mezclanse na pel de Nabiza Girl, una superheroína do rural galego con denominación de orixe protexida e cuns poderes que proceden do sulfato.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal.

A entrada é de balde ata completar aforo.

ISABEL RISCO


“Monologando no Elma”

A Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal organiza para o mes de decembro o ciclo de “Monologando no Elma”, que inclue un total de 3 monólogos, 2 deles en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A primeira representación é o 3 de decembro coa actriz Isabel Risco e o seu espectáculo “Nabiza Girl”.

O domingo 10 xa coa colaboración da Rede Cultural da Deputación Cándido Pazó, recoñocido pola súa traxectoria como contador de historias e monologista, trae ao Elma “Memorias dun neno Labrego”.

E para rematar este ciclo o domingo, 17 de decembro, dentro da programación da Rede Cultural visitaranos Manuel Manquiña co seu “Monólogo”.

Todos estes espectáculos terán lugar no Teatro Elma ás 19.00 h. e a entrada é de balde ata completar aforo.

MONOLOGANDO


 

TALÍA TEATRO “FOUCELLAS”

TALÍA TEATRO  “FOUCELLAS”

DOMINGO 26  DE NOVEMBRO ÁS 19.00 H. NO TEATRO ELMA

 ENTRADA  DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

Un espectáculo escrito e dirixido por Cándido Pazó na que  Dani Trillo recibiu o premio Maria Casares 2017 á Mellor Escenografía

 Foucellas. Da historia ao mito. Do mito á ficción teatral.

Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, ou un resistente. Uns dos últimos  homes do monte, un desos que a xente podía chamar xenéricamente un Foucellas. Mesmo podería ser ou Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe! Nunha situación desesperada, cun compañeiro como único resto do que outrora fora a súa partida, acomete a súa última acción: o atraco, con secuestro incluído, dun labrador acomodado, antigo militante agrarista, e da súa muller. Un contexto límite, un tempo terminal, no que catro personaxes perfilados e contrastados psicoloxicamente acaban entrando nun dinámico debate, dramático mais por veces divertido, no que conceptos como firmeza, utopía, resistencia, inercia, resignación, adaptabilidade, vontade, destino… son as armas dunha crúa batalla dialéctica entre a esperanza e desespero. Unha ficción que especula sobre un momento histórico, pero tamén un motivo metafórico para reflexionar sobre un transo co que, en maior ou menor medida, enfrontámonos decote nas nosas vidas: a administración da derrota.

FOUCELLAS


O MAXOLO TEATRO “EL FLORIDO PENCIL”

O MAXOLO TEATRO  “EL FLORIDO PENCIL” 

DOMINGO 19 DE NOVEMBRO ÁS 19.00 H. NO TEATRO ELMA

 ENTRADA  DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

A obra é unha revisión actual da educación franquista. Móvese en dous tempos, o actual e a época vívida. A escenografía suxire unha escola dos anos cincuenta. Cinco escolares femininas lembran o seu pasado escolar nos tempos da dictadura rememorando distintas situacións coas figuras de mestres e relixiosos. O resultado é a suma de dous factores, a situación e o comentario crítico. O paso de un a outro establecese a través do contacto co o público.

O MAXOLO


O ATURUXO DE MELPÓMENE “ORQUESTA DE SEÑORITAS”

 

DOMINGO 12 DE NOVEMBRO ÁS 19.00 H. NO TEATRO ELMA

 

ENTRADA  DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO

“Terapia de bar”

O bar “Da Costa” non está na costa. É un bar perdido no medio do monte onde rara vez para ninguén. A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios culpables de todos os males do ser humano.Cada cliente que teña a mala sorte de entrar comprobará nas súas carnes as terribles terapias que lles aplicarán os “salvadores”: acupuntura con coitelos de matar porcos, hipnose ou exorcismos con litros de licor café. Cada terapia elimina efectivamente cada vicio, aínda que tamén pode eliminar ó paciente.

 

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Red Cultural da Deputación da Coruña.

O ATURUXO


 

OUTONO TEATRAL NA POBRA

A Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal  en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña organiza para o mes de novembro o ciclo de “Outono Teatral”, que inclue un total de 4 funcións, 3 de teatro afeccionado e 1 de teatro profesional.

A primeira representación  é o 5 de novembro coa Compañía Manicómicos e a obra “Orquesta de Señoritas”. O domingo 12 tócalle o turno ao grupo de teatro O Aturuxo de Melpómene coa obra “Terapia de bar”·, e o domingo 19 o grupo de teatro O Maxolo poñerá en escea “O florido Pencil”.

Para rematar este ciclo de teatro A Compañía profesional Talía Teatro representarán a obra “Foucellas”.

Todos estes espectáculos terán lugar no Teatro Elma ás 19.00 h. e a entrada é de balde.

TEATRO NOVEMBRO


 

Compañía Manicómicos “Orquesta de Señoritas”

Ano 1958, o trasatlántico Atlantis percorre a ruta Coruña-Nova York trasladando a 200 pasaxeiros en camarotes de luxo e a 800 emigrantes nas adegas do barco. Nunha tormentosa noite, a imprevisible “Orquestra do Mar”, na que tocan distinguidas señoritas, ameniza as veladas aos pasaxeiros de primeira, para que poidan vomitar cun belo fondo sonoro. O concerto que podía ser trivial, convértese nunha cómica apocalipse da crueldade. Descubrimos que as artistas son mulleres que fora e dentro do escenario sofren discriminación, maltrato e opresión. Iso precipita a explosión das súas difíciles relacións coma virtuosas. Só hai un home na orquestra, o pianista, que é acosado pola prepotente directora pero tamén mantén un romance prohibido coa primeira violinista, xerando situacións hilarantes, baixo a atenta mirada dos oficiais do barco, que ameazan á orquestra coa humillación de rebaixala a tocar ante os emigrantes nas adegas do barco. Unha comedia moi tráxica salpicada de orixinais números musicais, coreografías imposibles e sketchs moi divertidos. Aínda que se afunda o mundo, compre que a orquestra non deixe de tocar…

Manicómicos produce este espectáculo coma comezo dun experimento pedagóxico e escénico, xuntando a artistas profesionais con alumnos das súas escolas, para incidir no intercambio artístico en ambos sentidos. O obxectivo é consolidar este grupo como unha compañía estable de espectáculo integral.

Espectáculo non recomendado para menores de 12 anos

MANICÓMICOS


365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

30-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

28-11-2017                                                                  29-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)         365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

26-11-2017                                                                  27-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)         365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

24-11-2017                                                                   25-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)         365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

22-11-2017                                                                  23-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)        365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

20-11-2017                                                                 21-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)        365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

18-11-2017                                                                   19-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)        365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

16-11-2017                                                                  17-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)       365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

14-11-2017                                                                   15-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)         365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

13-11-2017                                                                   14-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)        365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

11-11-2017                                                                   12-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)        365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

09-11-2017                                                                  10-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)        365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

07-11-2017                                                                   08-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)         365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

05-11-2017                                                                 06-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)        365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

03-11-2017                                                                 04-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)       365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)

01-11-2017                                                                02-11-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)     365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (NOVIEMBRE 2017)