Archivo por meses: julio 2017

BOABAB TEATRO PRESENTA «CONTOS PARA UN CALDIÑO»

XOVES 13 DE XULLO ÁS 20.30 H. NO CANTÓN DA LEÑA (SE CHOVE NO TEATRO ELMA)
BOABAB TEATRO PRESENTA «CONTOS PARA UN CALDIÑO»
“Contos para un caldiño” de Boabab Teatro convida ao público a escoitar e deixarnos levar polos contos e por os obxectos visuais que se presentan; un sombreiro que non é un sombreiro, unha ratiña que se transforma nun momento, un/ha nena/o do público será quen de debutar como actriz…

Andrea é a encargada de facernos un caldo atípico, un caldo que necesita de ingredientes moi especiais, o principal ingrediente que se necesita son orellas que escoiten, outros ingredientes que lle darán sabor a este rico caldo son os contos, contos visuais, contos de libro e contos dramatizados, aderezados con bonitas cancións.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal e colabora a Deputación da Coruña (Rede Cultural)

boabab teatro


 

ANIMACIÓN DE RÚA

 

Martes 11 de xullo ás 20.30 h. no Cantón da Leña (se chove no Teatro Elma):

Cé Orquestra Pantasma “O home orquestra”

Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro de la música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

Desde principios do  veran de 2008 e con máis de 150 conciertos por ano, este músico ten  percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país, con esta proposta as súas costas: Cé Orquestra Pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil gracias ao seu  amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

Esta actividade forma parte do programa “Cultura no Camino” da Xunta de Galicia.

CÉ ORQUESTRA


 

VI ENCONTRO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL

VI ENCONTRO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL

Sábado 8 de xullo ás 20.30 h. no Cantón da Leña

Participan:

-Grupo de Gaitas Xiada

-Pandereteiras Ruadiña

-Grupo de Gaitas Trécola

-Grupo de Gaitas Seica Chove

-Rancho Folclórico do Agrupamento de Escolas de Ponte da Barca

Organizan: Asociación Cultural Xiada e a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal

Encontro música


 

EXPOSICIÓN DE ESCULTURAS

EXPOSICIÓN DE ESCULTURAS

RICARDO DÁVILA “CÍRCULO INFERNAL”

DO 7 AO 31 DE XULLO 2017

Inauguración: Venres 7 ÁS 20.30 h. na Casa da Cultura

Nova exposición de Ricardo Dávila de temática reivindicativa e comprometida. Por un lado, as mulleres na tesitura do acoso, do círculo vicioso no que viven, incapaces de saír e de ser axudadas, desgrazadamente acotío de máis na nosa actualidade. Por outro, as cidades deshumanizantes,  que rachan as individualidades  para converternos en colmeas sen nome,  sen identidade.

A muller fronte ao seu destino e as colectividades de  cidadáns “presos” nos edificios compoñen unha singular forma de darlle ao conceptualismo un novo pulo de actualidade e, ao mesmo tempo, de temática eternamente humana, humanísima.   Xa berraban as mulleres nas traxedias de Eurípides pola súa triste sorte, xa tiña saudade o poeta Marcial da súa horta hispana atrapado na populosa e alienante Roma.

Nihil novum sub sole? Si hai moito de novo baixo este sol. A arte e o concepto ao servizo non de  mulleres mitolóxicas, senón de mulleres, desgrazadamente, con rostro e nome; de cidadáns recoñecibles nas facianas dos que habitan as colmeas-edificios.

Unha vez máis o noso veterano Ricardo Dávila, na procura da constante renovación, esculpe 18 testemuñas que comunican un estado de ánimo e que nos elevan á ARTE con maiúsculas.  (Isabel Santos).

cartel Ricardo


 

Teatro do Porviso «Rosalía (non) é tan triste…!»,

Teatro do Porviso «Rosalía (non) é tan triste…!»,

Domingo 9 de xullo ás 20.30 h. Teatro Elma

O Teatro do Porviso, do CPI Plurilingüe dos Dices de Rois presenta o seu novo musical, «Rosalía (non) é tan triste…!», a historia dunha compañía teatral que ten como reto facer un musical sobre Rosalía de Castro, algo do que nun principio non están mou convencidos. «Rosalía (non) é tan triste…!» é unha historia de amor, amor poético e do outro.

DOS DICES


 

Viaxes en veleiro dende A Pobra

Este verán o veleiro  Fénix VI estará na Pobra do Caramiñal. Poderase navegar pola ría de Arousa para divisar as bateas, embarcacións e a paisaxe; en un veleiro recente de 15 m de eslora.

 

O traxecto guiado será de 1 hora ademais do tempo de embarque e desembarque (30 minutos mais). O veleiro estará no porto náutico da Pobra do Caramiñal os sábados e domingos do mes de xullo: 15, 16, 22, 23, 29, 30; E de agosto: 5, 6, 12, 13, 19, 20. A diferentes horas, ás: 10:00, 11:30, 13:00, 16:00, 17:30, 19:00 horas.

 

Os prezos por persoa son: 12€ por adulto, 8€ por neno menor de 12 anos e as familias con varios nenos terán un desconto.

 

A reserva e compra de tíckets debese realizar no punto de información turística da Pobra do Caramiñal na actualidade sito no Museo Valle-Inclán, no horario de martes a sábado de 11:00 ás 13:00 h e de 18:00 ás 20:00 h.

 

Para mais información poden achegarse ao Museo Valle-Inclán, consultar a web oficial: www.apobra.gal, na páxina de Facebook chamada: Turismo A Pobra do Caramiñal ou chamar ao número de teléfono de turismo: 671 090 262.

Veleiro


 

CARMEN DO CASTELO 2017

CARMEN DO CASTELO 2017

Scan0004 Scan0007 Scan0008


 

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

30-07-2017                                                            31-07-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)   365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

28-087-2017                                                          29-07-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)   SAN ISIDRO

26-07-2017                                                           27-01-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)   365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

24-07-2017                                                              25-07-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)   365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

22-07-2017                                                            23-07-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)  DSC01662_fhdr

20-07-2017                                                             21-07-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)   365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

18-07-2017                                                             19-07-2017

A XUNQUEIRA 12-07-2017 (6)_fhdr   365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

16-07-2017                                             17-07-2017

CARMEN DO CASTELO 2017 (14)_fhdr   365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

14-07-2017                                                           15-07-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)  365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

13-07-2017                                                           14-07-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017) 365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

11-07-2017                                                             12-07-2018

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)  365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

09-07-2017                                                            10-07-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)  365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

07-07-2016                                                         08-07-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017) 365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

05-07-2017                                                           06-07-2017

P1150675_fhdr  365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

03-07-2017                                                           04-07-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)  365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)

01-07-2017                                                            02-07-2017

365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017) 365 DÍAS, 365 IMÁGENES, (JULIO 2017)