Culturactiva presenta «Circula Forzudos»
Martes 1 de agosto ás 20.30 h. no Cantón da Leña (Se chove no Teatro Elma)
Un espectáculo de circo, para todos os públicos
FORZUDOS é un divertido espectáculo parea todos os públicos, desde o clown e pasando polo deporte, dous paiasos farán unha demostración de forza equilibrio e acrobacia, pasando polas diferentes técnicas de circo.
Aéreos, malabar, acroportes, sketches de humor.
Un espectáculo visual e divertido.
Organiza a Concellaría da Pobra en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.