Archivo por días: 28 julio, 2017

XXII ENCONTRO DE HABANERAS CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

XXII ENCONTRO DE HABANERAS CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

Domingo 6 de agosto ás 20.30 h. no Teatro Elma.

– Coral Polifónica de Lalín

– Coral Polifónica da Saúde da Coruña

-Coro Infantil Musicanti e Coral Abrente da Pobra do Caramiñal

Organizan: Asociación de Amas de Casa e Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal.

HABANERAS


 

CINE NA RÚA “JURASSIC WORLD”

CINE NA RÚA “JURASSIC WORLD”

XOVES 3 DE AGOSTO ÁS 22.30 H. NO CANTÓN DA LEÑA. (SE CHOVE NO TEATRO ELMA)

Vintedous anos despois do ocorrido en Jurassic Park, a illa Nublar foi  transformada nun enorme parque temático, Jurassic Wold, con versións «domesticadas» de algún dos dinosauros máis coñecidos. Cando todo parece ir sobre rodas e ser o negocio do século, un novo dinosauro de especie descoñecida, pois foi creado manipulando xeneticamente o seu ADN, e que resulta ser moito máis intelixente do que se pensaba, escapase do seu recinto e comeza a causar estragos entre os visitantes do Parque

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña

JURASSIC


 

Culturactiva presenta «Circula Forzudos»

Culturactiva presenta «Circula Forzudos» 
 
Martes 1 de agosto ás 20.30 h. no Cantón da Leña (Se chove no Teatro Elma)
 
Un espectáculo de circo, para todos os públicos 
 
FORZUDOS é un divertido espectáculo parea todos os públicos, desde o clown e pasando polo deporte, dous paiasos farán unha demostración de forza equilibrio e acrobacia, pasando polas diferentes técnicas de circo.
 
Aéreos, malabar, acroportes, sketches de humor.

Un espectáculo visual e divertido.

Organiza a Concellaría da Pobra en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. 
FORZUDOS