BOABAB TEATRO PRESENTA «CONTOS PARA UN CALDIÑO»

XOVES 13 DE XULLO ÁS 20.30 H. NO CANTÓN DA LEÑA (SE CHOVE NO TEATRO ELMA)
BOABAB TEATRO PRESENTA «CONTOS PARA UN CALDIÑO»
“Contos para un caldiño” de Boabab Teatro convida ao público a escoitar e deixarnos levar polos contos e por os obxectos visuais que se presentan; un sombreiro que non é un sombreiro, unha ratiña que se transforma nun momento, un/ha nena/o do público será quen de debutar como actriz…

Andrea é a encargada de facernos un caldo atípico, un caldo que necesita de ingredientes moi especiais, o principal ingrediente que se necesita son orellas que escoiten, outros ingredientes que lle darán sabor a este rico caldo son os contos, contos visuais, contos de libro e contos dramatizados, aderezados con bonitas cancións.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal e colabora a Deputación da Coruña (Rede Cultural)

boabab teatro


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *