Martes 11 de xullo ás 20.30 h. no Cantón da Leña (se chove no Teatro Elma):
Cé Orquestra Pantasma “O home orquestra”
Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro de la música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.
Desde principios do veran de 2008 e con máis de 150 conciertos por ano, este músico ten percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país, con esta proposta as súas costas: Cé Orquestra Pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil gracias ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.
Esta actividade forma parte do programa “Cultura no Camino” da Xunta de Galicia.