Archivo por días: 5 julio, 2017

VI ENCONTRO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL

VI ENCONTRO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL

Sábado 8 de xullo ás 20.30 h. no Cantón da Leña

Participan:

-Grupo de Gaitas Xiada

-Pandereteiras Ruadiña

-Grupo de Gaitas Trécola

-Grupo de Gaitas Seica Chove

-Rancho Folclórico do Agrupamento de Escolas de Ponte da Barca

Organizan: Asociación Cultural Xiada e a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal

Encontro música


 

EXPOSICIÓN DE ESCULTURAS

EXPOSICIÓN DE ESCULTURAS

RICARDO DÁVILA “CÍRCULO INFERNAL”

DO 7 AO 31 DE XULLO 2017

Inauguración: Venres 7 ÁS 20.30 h. na Casa da Cultura

Nova exposición de Ricardo Dávila de temática reivindicativa e comprometida. Por un lado, as mulleres na tesitura do acoso, do círculo vicioso no que viven, incapaces de saír e de ser axudadas, desgrazadamente acotío de máis na nosa actualidade. Por outro, as cidades deshumanizantes,  que rachan as individualidades  para converternos en colmeas sen nome,  sen identidade.

A muller fronte ao seu destino e as colectividades de  cidadáns “presos” nos edificios compoñen unha singular forma de darlle ao conceptualismo un novo pulo de actualidade e, ao mesmo tempo, de temática eternamente humana, humanísima.   Xa berraban as mulleres nas traxedias de Eurípides pola súa triste sorte, xa tiña saudade o poeta Marcial da súa horta hispana atrapado na populosa e alienante Roma.

Nihil novum sub sole? Si hai moito de novo baixo este sol. A arte e o concepto ao servizo non de  mulleres mitolóxicas, senón de mulleres, desgrazadamente, con rostro e nome; de cidadáns recoñecibles nas facianas dos que habitan as colmeas-edificios.

Unha vez máis o noso veterano Ricardo Dávila, na procura da constante renovación, esculpe 18 testemuñas que comunican un estado de ánimo e que nos elevan á ARTE con maiúsculas.  (Isabel Santos).

cartel Ricardo


 

Teatro do Porviso «Rosalía (non) é tan triste…!»,

Teatro do Porviso «Rosalía (non) é tan triste…!»,

Domingo 9 de xullo ás 20.30 h. Teatro Elma

O Teatro do Porviso, do CPI Plurilingüe dos Dices de Rois presenta o seu novo musical, «Rosalía (non) é tan triste…!», a historia dunha compañía teatral que ten como reto facer un musical sobre Rosalía de Castro, algo do que nun principio non están mou convencidos. «Rosalía (non) é tan triste…!» é unha historia de amor, amor poético e do outro.

DOS DICES