Archivo por meses: julio 2017

A POBRA BAILA!

A POBRA BAILA!
DOMINGO 30 DE XULLO ÁS 21.00 H. NA PRAZA DO EMIGRANTE (SE CHOVE A ACTIVIDADE LEVARASE A CABO NO TEATRO ELMA)
 
UN ANO MAIS OS ALUMNOS QUE PARTICIPAN NOS CURSOS DE BAILE QUE IMPARTE A ESCOLA EL TOMASON NA POBRA ( INFANTIL, XUVENIL E ADULTOS) DEMOSTRARÁN A SÚAS HABILIDADES NO MUNDO DA DANZA, CON BAILES MODERNOS, LATINOS E BAILES DE SALÓN.
POBRA BAILA

XXII ENCONTRO DE HABANERAS CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

XXII ENCONTRO DE HABANERAS CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

Domingo 6 de agosto ás 20.30 h. no Teatro Elma.

– Coral Polifónica de Lalín

– Coral Polifónica da Saúde da Coruña

-Coro Infantil Musicanti e Coral Abrente da Pobra do Caramiñal

Organizan: Asociación de Amas de Casa e Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal.

HABANERAS


 

CINE NA RÚA “JURASSIC WORLD”

CINE NA RÚA “JURASSIC WORLD”

XOVES 3 DE AGOSTO ÁS 22.30 H. NO CANTÓN DA LEÑA. (SE CHOVE NO TEATRO ELMA)

Vintedous anos despois do ocorrido en Jurassic Park, a illa Nublar foi  transformada nun enorme parque temático, Jurassic Wold, con versións «domesticadas» de algún dos dinosauros máis coñecidos. Cando todo parece ir sobre rodas e ser o negocio do século, un novo dinosauro de especie descoñecida, pois foi creado manipulando xeneticamente o seu ADN, e que resulta ser moito máis intelixente do que se pensaba, escapase do seu recinto e comeza a causar estragos entre os visitantes do Parque

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña

JURASSIC


 

Culturactiva presenta “Circula Forzudos”

Culturactiva presenta “Circula Forzudos” 
 
Martes 1 de agosto ás 20.30 h. no Cantón da Leña (Se chove no Teatro Elma)
 
Un espectáculo de circo, para todos os públicos 
 
FORZUDOS é un divertido espectáculo parea todos os públicos, desde o clown e pasando polo deporte, dous paiasos farán unha demostración de forza equilibrio e acrobacia, pasando polas diferentes técnicas de circo.
 
Aéreos, malabar, acroportes, sketches de humor.

Un espectáculo visual e divertido.

Organiza a Concellaría da Pobra en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. 
FORZUDOS

TRIO REFUGALLO “RITMO DE REFUGALLO”

TRIO REFUGALLO “RITMO DE REFUGALLO”

MÉRCORES 26 DE XULLO  ÁS 20.30 H. NO CANTÓN DA LEÑA

(SE CHOVE NO TEATRO ELMA)

A animación toma as rúas da vila con Trío Refugallo, unha nova proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mestura clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal

TRÍO REFUGALLO


 

XOGOS DE HABILIDADE

XOVES 20 DE XULLO DE 18.00 A 22.00 H. NO CANTÓN DA LEÑA.

XOGOS DE HABILIDADE FEITOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO. XOGOS PARA TODAS AS IDADES

ORGANIZA A CONCELLARÍA DE CULTURA DA POBRA EN COLABORACIÓN COA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
GARABATO

MAGO DANI GARCÍA “CÓDIGO”.

MAGO DANI GARCÍA “CÓDIGO”.

MARTES 18 DE XULLO ÁS 20.30 H. NO CANTÓN DA LEÑA.

(SE CHOVE NO TEATRO ELMA)

Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer. Perdido no presente, no aquí, no agora. Así está o noso  viaxeiro,  o noso  coleccionista de idiomas. Sempre na  busca de novos amigos cos que engadir un código máis á súa maleta de camiñante. E, o que comezou  sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un novo código, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.

Código é un espectáculo de rúa, pensado para que as persoas de calquera idade poidan participar e  gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal  na que seguro que os aplausos estarán acompañados das gargalladas e das bocas abertas…

 

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal e colabora a Deputación da Coruña (Rede Cultural)

MAGO DANI


 

A XUNQUEIRA

A XUNQUEIRA

A XUNQUEIRA 12-07-2017 (1)_fhdr   A XUNQUEIRA 12-07-2017 (2)_fhdr

A XUNQUEIRA 12-07-2017 (4)_fhdr   A XUNQUEIRA 12-07-2017 (6)_fhdr

A XUNQUEIRA 12-07-2017 (8)_fhdr


 

CARMEN DO CASTELO 2017

CARMEN DO CASTELO 2017

CARMEN DO CASTELO 2017 (13)_fhdr   CARMEN DO CASTELO 2017 (14)_fhdr

CARMEN DO CASTELO 2017 (19)_fhdr