Archivo por días: 29 junio, 2017

PROGRAMACIÓN CULTURA XULLO E AGOSTO 2017

PROGRAMACIÓN CULTURA XULLO E AGOSTO 2017

A POBRA DO CARAMIÑAL

Como cada ano co comezo das vacacións de verán a Concellaría de Cultura da Pobra ven de organizar unha serie de actividades lúdicas paras as tardes/noites do meses de xullo e agosto. Estas actividades están pensadas para todolos públicos desde os maís cativos da casa ata os maís maoires. Temos programado desde  cine na rúa, novo circo, música infantil e tradicional, bailes tamen tradicionais e modernos, espectáculos teatrais de rúa, de maxia, xogos populares…

En caso de choiva os espectáculos de rúa serán no Teatro Elma

ACTIVIDADES VERAN


 

CINE NA RÚA

CINE NA RÚA

Martes 4 de xullo ás 22.30 h. no Cantón da Leña proxección de:

“EL EXTRAORDINARIO VIAJE DE T.S. SPIVET”

Argumento: T. S. Spivet, un neno de dez anos, vive nunha granxa de Montana (Estados Unidos) coa súa nai, unha muller obsesionada polos escaravellos, o seu  pai e a súa irmánn, que aspira a ser Miss América. Spivet foi desenrolando un talento innato para a cartografía e os inventos. Un día, recibe a nova de que o Museo Smithsonian lle concede o prestixioso Premio Baird pola invención da máquina do movimento perpetuo. Invítanno a unha recepción e, sin decirlle nada a ninguén, embarcase nun tren de mercancías para chegar a Washington D.C.

Se chove esta actividade será no Teatro Elma.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra en colaboración co programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

cine el extrordinario....


 

ANIMACIÓN DE RÚA

ANIMACIÓN DE RÚA

Xoves 6 de xullo ás 20.30 h. no Cantón da Leña:

Mundomandarina “O meu avó é mago”

Argumento

Neste novo espectáculo, a pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Antón Chipirón. Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público. Ademais de aprender a facer maxia, Mandarina terá que aprender que o avó non vai vir máis. Neste espectáculo, a través da maxia e a comicidade, abórdase o tema de afrontar a morte dos seres queridos, non de xeito traumático, senón como unha transformación. Achega ao público miúdo a idea de que non os perdemos de todo, senón que seguen presentes a través das lembranzas e a herdanza emocional que nos deixan.

Se chove esta actividade será no Teatro Elma.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal

MUNDOMANDARINA