“A PRAIA DOS AFOGADOS”

CINE GALEGO NA RÚA

Venres 16 de xuño ás 22.30 h. no Cantón da Leña proxección de:
“A PRAIA DOS AFOGADOS” .

“A Praia dos afogados” film galego de drama e suspense dirixido por Gerardo Herrero, e baseado no libro do mesmo nome de Domingo Villar. Rodada no Porto de Paxón, Nigrán, esta interpretada por Carmelo Goméz que comparte reparto con numerosos actores galegos.

Argumento: Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a costa. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a morte entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin pistas da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de poñer en claro o crime.

En caso de choiva a proxección levarase a cabo no Teatro Elma.

Con esta proxección remata o ciclo de cine galego na rúa programada pola Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en  colaboración co Programa Visións da Deputación da Coruña.

recital


 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *