Archivo por días: 15 junio, 2017

Obradoiros e campamento de inglés. Verán 2017.

Obradoiros e campamento de inglés. Verán 2017.

Desde a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal ofertase para os meses de xullo e agosto os seguintes actividades :

Campamento de inglés  “Summer Camp” a partir dos 8 anos. De luns a venres de 9.00 a 14.00 h. no Colexio Salustiano Rey Eiras (Bandaseca).Imparte Golfiño Xestión de Ocio

Obradoiros nos que colabora a Concellaría de Cultura:

“Xoga ,Canta e baila” a partir dos 3 anos no Auditorio O´Lagar os  martes e xoves de 11.00 a 13.00 h. Organiza Escola de Baile “El TomaSon”.

“Pintura Infantil” para nenos de 3 a 7 anos os mércores e venres na Casa da Cultura de 11. 00 a 12.30 h. Imparte as clases Julia Gema.

“Pintura e debuxo” desde os 8 anos os martes e xoves na Casa da Cultura de 11. 00 a 12.30 h. Imparte as clases Amparo Fuentes.

“Obradoiro de Fotografía” desde os 8 anos os mércores e venres na Casa da Cultura de 11. 00 a 13.00 h. Imparte as clases Martín Casanova.

“Obradoiro de Modelaxe e Talla” desde os 5 anos  de luns a venres na Escola do Campiño”  de 11. 00 a 13.00 h. Do 15 de xullo ao 15 de agosto. Imparte as clases Ricardo Davila.

“Pintura e debuxo” desde os 8 anos os martes e xoves na Casa da Cultura de 11. 00 a 12.30 h. Imparte as clases Amparo Fuentes.

Información e inscricións na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler”.

veran -17


 

“A PRAIA DOS AFOGADOS”

CINE GALEGO NA RÚA

Venres 16 de xuño ás 22.30 h. no Cantón da Leña proxección de:
“A PRAIA DOS AFOGADOS” .

“A Praia dos afogados” film galego de drama e suspense dirixido por Gerardo Herrero, e baseado no libro do mesmo nome de Domingo Villar. Rodada no Porto de Paxón, Nigrán, esta interpretada por Carmelo Goméz que comparte reparto con numerosos actores galegos.

Argumento: Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a costa. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a morte entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin pistas da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de poñer en claro o crime.

En caso de choiva a proxección levarase a cabo no Teatro Elma.

Con esta proxección remata o ciclo de cine galego na rúa programada pola Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en  colaboración co Programa Visións da Deputación da Coruña.

recital