Inauguración da Exposición: “Eu coido da miña mascota”
Xoves 25 de maio ás 11.00 h. Casa da Cultura Raquel Fernández Soler
Ao longo deste curso o CEP Salustiano Rey Eiras está a traballar no PLAN PROXECTA no itinerario Coidado dos Animais. Entre outras actividades de sensibilización, os alumnos e alumnas elaboraron uns traballos sobre as súas mascotas en colaboración coas súas familias.
Nesta exposición que permanecerá na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler” ata o 16 de xuño, veremos os traballos feitos polos alumnos de 1º, 2º e 5º curso sobre as súas mascotas.
Organiza O Plan Proxecta, Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEP Salustiano Rey Eiras e colaboran a Asociación Protectora A Moura e o Concello da Pobra do Caramiñal.