CICLO DE MAIO . PERCORRIDO MUSICAL ADICADO A POPULAR FESTA DOS MAIOS EN GALICIA

CICLO DE MAIO . PERCORRIDO MUSICAL ADICADO A POPULAR FESTA DOS MAIOS EN GALICIA

A Asociación Cultural e Deportiva Xiada, recibeu en febreiro de 2016 a invitación para asistir a representar a Pobra do Caramiñal ante os compatriotas emigrados nos Estados Unidos, con dúas actuacións que terán lugar en setembro nos Club España e Orensano en New Jersey. A raíz destas invitacións, nace a idea de dar luz e forma ao que o 17 de maio vai simbolizar a obra: Ciclo de Maio.

A escenificación tenta caracterizar numerosas festas que se celebran en Galicia, que co paso do tempo están entrando en decadencia, nas que se quere pór en manifesto a admiración polo renacer cíclico do mundo vexetal, así como polo final do inverno e o comezo do verán, do bo tempo, de cando frutifican a maioría das plantas e o nacemento dos animais. Moitas son as comarcas de Galicia nas que se celebran manifestacións folclóricas, agrarias e lúdicas co fin de festexar tan importante efemérides anual que ten o seu punto de partida no Neolítico.

Interpretaranse nove pezas que farán referencia ás adaptacións relixiosas polas que pasou esta ancestral celebración e ás  manifestacións populares da festa do maio segundo os fins para os que estean adicados.

Organiza Asociación Cultural e Deportiva Xiada e colabora a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal.

xiada


 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *