Archivo por días: 11 mayo, 2017

CICLO DE MAIO . PERCORRIDO MUSICAL ADICADO A POPULAR FESTA DOS MAIOS EN GALICIA

CICLO DE MAIO . PERCORRIDO MUSICAL ADICADO A POPULAR FESTA DOS MAIOS EN GALICIA

A Asociación Cultural e Deportiva Xiada, recibeu en febreiro de 2016 a invitación para asistir a representar a Pobra do Caramiñal ante os compatriotas emigrados nos Estados Unidos, con dúas actuacións que terán lugar en setembro nos Club España e Orensano en New Jersey. A raíz destas invitacións, nace a idea de dar luz e forma ao que o 17 de maio vai simbolizar a obra: Ciclo de Maio.

A escenificación tenta caracterizar numerosas festas que se celebran en Galicia, que co paso do tempo están entrando en decadencia, nas que se quere pór en manifesto a admiración polo renacer cíclico do mundo vexetal, así como polo final do inverno e o comezo do verán, do bo tempo, de cando frutifican a maioría das plantas e o nacemento dos animais. Moitas son as comarcas de Galicia nas que se celebran manifestacións folclóricas, agrarias e lúdicas co fin de festexar tan importante efemérides anual que ten o seu punto de partida no Neolítico.

Interpretaranse nove pezas que farán referencia ás adaptacións relixiosas polas que pasou esta ancestral celebración e ás  manifestacións populares da festa do maio segundo os fins para os que estean adicados.

Organiza Asociación Cultural e Deportiva Xiada e colabora a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal.

xiada


 

“Dous son parella e o demais son calumnias”

Acontrabutaca  Produccións    presenta:

“Dous son parella e o demais son calumnias”

Martes 16 de maio, as 20.30 h. no Teatro Elma.

É este un conxunto de monólogos e sketchs sobre as relacións de parella, unha sorte de terapia en grupo onde o fin último é rirse dun/ha mesmo/a.

Entrada de balde.

Esta actividade ,organizada pola  Concellaría de Cultura da Pobra,  forma parte do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

ACONTRABUTACA


 

CONCERTO DE VACAS

CONCERTO DE VACAS

19 DE MAIO ÁS 20.30 H. NO TEATRO ELMA

A programación do Maio Cultural na Pobra continúa co concerto do cuarteto musical De Vacas, integrado polas voces de Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romero e a guitarra de Guillerme Fernández. Ofrecen un espectáculo fresco e divertido, co que emocionarse e rir a partes iguais a base de orixinais versións de temas marcados polo éxito: dende Beyoncé ata o Gangnam style, pasando por Enrique Iglesias, Michel Teló. Nesta nova xira presentarán novo repertorio e os clásicos de sempre! E claro non podía faltar “Amodiño”

Música e moito humor nos novos temas para a TOUR VACANAL 2017!!!
Entrada de balde

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra en colaboración coa Deputación da Coruña

VACAS 2