Archivo por días: 9 mayo, 2017

TEATRO INFANTIL

TEATRO INFANTIL

O martes 9 de maio  ás 12.00 h. no Elma a Compañía de Teatro Redrum presenta “A nena que quería navegar” para o alumnado de 4º, 5º e 6º do Colexio Salustiano Rey Eiras.

É unha comedia familiar que trata de previr situacións de acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e mellora da autoestima dos menores.

Está protagonizada polos actores Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio.

“A Neña está farta de ser o centro das burlas do seus sus compañeiros, e por iso foxe  da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e canciónss, devolveralle a autoestima perdida. Enseñaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos”.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal

A NENA QUE...


 

PÍSCORE presenta “CONCERTO SINGULAR”

PÍSCORE  presenta “CONCERTO SINGULAR”

Venres 12 de maio ás 20.30 h. no Teatro Elma.

A compañía «Píscore» presenta  o seu Concerto Singular. Catro percusionistas que sen necesidade de palabras dan o mellor de si sobre o escenario. Un só instrumento, a marimba, a repartir entre todos eles é o fío condutor desta comedia musical. Oito mans, dezaseis baquetas e un só instrumento sobre o escenario. Sen dúbida, o de hoxe trátase dun concerto singular.

«É un espectáculo que mestura música virtuosa e moito teatro, con moita comedia e moito humor…”

A entrada é de balde e pódese recoller no Teatro Elma unha hora antes do comezo do espectáculo.

Esta actividade organizada pola Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal forma parte do programa “Cultura no Camino” da Xunta de Galicia

PÍSCORE