Archivo por días: 6 mayo, 2017

PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS PRESENTA A CABEZA DO DRAGÓN

PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS PRESENTA A CABEZA DO DRAGÓN 

DOMINGO 7 DE MAIO ÁS 20.00 H. NO TEATRO ELMA

«A Cabeza do Dragón», o primeiro Valle-Inclán en galego  e nova  produción de Excéntricas, vai ser un dos grandes éxitos teatrais do 2017, e poderemos velo na Pobra do Caramiñal o 7 de maio no Teatro Elma

A Cabeza do Dragón» conta coa dramaturxia e dirección de Quico Cadaval, que tamén compartirá escenario cun elenco artístico de luxo: Iván Marcos, María Costas, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina e Marcos Orsi.

A cabeza do Dragón foi incluída polo  autor, Ramón María del Valle-Inclán, na colección de farsas que, titulou, ironicamente, Retablo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta a viaxe ao cor do dragón que se narra en todas las culturas del mundo, e  tamén na nosa, a cultura europea.

As entradas, de balde,  poden recollerse unha hora antes do espectáculo.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Deputación da Coruña.

a cabeza do Dragón


 

TEATRO INFANTIL

TEATRO INFANTIL

O martes 9 de maio  ás 12.00 h. no Elma a Compañía de Teatro Redrum presenta “A nena que quería navegar” para o alumnado de 4º, 5º e 6º do Colexio Salustiano Rey Eiras.

É unha comedia familiar que trata de previr situacións de acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e mellora da autoestima dos menores.

Está protagonizada polos actores Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio.

“A Neña está farta de ser o centro das burlas do seus sus compañeiros, e por iso foxe  da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e canciónss, devolveralle a autoestima perdida. Enseñaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos”.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal

A NENA QUE...