Archivo por meses: mayo 2017

CINE NA RÚA. O NOSO CINE “A ESMORGA”

CINE NA RÚA. O NOSO CINE  “A ESMORGA”

VENRES 2 DE XUÑO ÁS 22.30 H. NO CANTÓN DA LEÑA

Crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres compañeiros de troula que van deixando un regueiro de destrucción, de sexo equívoco e reprimido, e tambén pechando portas tras tirar as chaves, como si de manera deliberada buscaran a súa perdición.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiña e colabora a Deputación da Coruña.

A ESMORGA

Inauguración da Exposición: “Eu coido da miña mascota”

Inauguración da Exposición: “Eu coido da miña mascota”

Xoves 25 de maio ás 11.00 h.  Casa da Cultura Raquel Fernández Soler

 

Ao longo deste curso o CEP Salustiano Rey Eiras está a traballar no PLAN PROXECTA no itinerario Coidado dos Animais. Entre outras actividades de sensibilización, os alumnos e alumnas elaboraron uns traballos sobre as súas mascotas en colaboración coas súas familias.

Nesta exposición que permanecerá na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler” ata o 16 de xuño, veremos os traballos feitos polos alumnos de 1º, 2º e 5º curso sobre as súas mascotas.

Organiza O Plan Proxecta, Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEP Salustiano Rey Eiras e colaboran  a Asociación Protectora  A Moura e o Concello da Pobra do Caramiñal.

EXPOSICIÓN_mascotas_

As mareas da comarca do Barbanza organizan este sábado un debate aberto sobre a xestación subrogada e os ventres de alugueiro

As mareas da comarca do Barbanza organizan este sábado un debate aberto sobre a xestación subrogada e os ventres de alugueiro

As formacións asemblearias organizan xunto ao Grupo Feminista de En Marea un debate aberto á veciñanza, a fin de recoller todas as opinións e conformaren “ así e dende a base” o seu posicionamento ao respecto.

A Pobra do Caramiñal, 24 de maio de 2017 –Perante a posibilidade dunha próxima regulación legal da xestación subrogada, En Marea está celebrando este mes, en localidades de toda Galicia, encontros sobre a maternidade e paternidade subrogadas e os ventres de alugueiro, entendendo que “é preciso abrir esta cuestión ao debate social, para coñecer as diferentes sensibilidades fronte a un tipo de maternidade e paternidade que ofrece moitas arestas”.

Logo de pasar por Compostela, Vilagarcía, o Carballiño, Ourense, Vilalba, Vigo e Lugo o sábado 27, o debate fará parada en Boiro, onde en colaboración coas mareas da comarca -Nós Pobra, Boiro Novo, Rianxo e Común e a Marea Ribeira- celebrarán ás 19:00h da tarde un encontro aberto no Centro Social de Boiro. Este será introducido e moderado por Dores Torrado, concelleira de Boiro Novo, por Olga Gago, membro da Marea Ribeira e por Sara Outeiral, integrante do Grupo Feminista de En marea e membro do Consello das Mareas.

Con este debate, que califican como “complexo” pretenden que “a nosa resposta sexa traballada pacientemente e de xeito colectivo”. Neste senso, as formacións fan fincapé na “necesidade de escoitar” a todas as partes, e as distintas perspectivas diante da maternidade subrogada e os ventres de alugueiro, “de maneira que se garantan os dereitos das persoas e non se mercantilice a maternidade”.

O debate terá continuidade en outras localidades galegas, pois En Marea celebrará encontros na mesma liña ata finais de mes para remataren cunha xornada de posta en común e conclusións no Matadoiro de Compostela o vindeiro 10 de xuño.

IMG-20170521-WA0007 (1)

A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiña

A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiña

Hubo un pleno absoluto de público. Se entregó un ejemplar del libro y catálogo por persona y se repartieron más de un centenar.

Estuvieron presentes, Anxo M. Lorenzo Suárez (Secretario Xeral de Cultura – Xunta de Galicia), Xosé Lois Piñeiro García (alcalde de Pobra), Juaquín del Valle-Inclán (familiar del escritor e investigador suyo), conselleiros/as de la corporación  (de Nós Pobra, BNG, PP),Manuel Campos (Alcalde de Cuntis),  Héctor Picallo (autor de las lágrimas e ilustraciones inspiradas en la Torre de Valle Bermúdez;) Antonio Gonzalez Millán (director del Museo y autor del ensayo publicado)

A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiña A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiña A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiña

El acto se desarrolló en el Auditorio del Museo y prosiguió en la Sala Valle-Inclán y su Tiempo, donde se ha instalado la exposición  y podrá verse hasta el 30 de septiembre, acudieron igualmente artistas, profesionales, y representantes culturales del mundo de la cultura, literatura, patrimonio y museos.

IMG-20170520-WA0001

De derecha  izquierda Xosé Lois García Piñeiro (Alcalde de Pobra do Caramiñal), Anxo M Lorenzo Suárez (Secretario Xeral de Cultura de la Xunta de Galicia), Juaquín de Valle-Iclán (nieto e investigador literario), Manuel Campos Velay (Alcalde de Cuntis), Héitor Picallo (autor de los originales expuestos), Antonio Gonzqalez  Millán (autor del ensayo histórico y director del Museo Valle-Inclán) y Carlos Coto (arquitecto, presidente de APATRIGAL, asociación para la defensa del patrimonio). Foto cedida por Abelardo Soler. (ABSO)

CONCERTO DE VACAS

CONCERTO DE VACAS

19 DE MAIO ÁS 20.30 H. NO TEATRO ELMA

A programación do Maio Cultural na Pobra continúa co concerto do cuarteto musical De Vacas, integrado polas voces de Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romero e a guitarra de Guillerme Fernández. Ofrecen un espectáculo fresco e divertido, co que emocionarse e rir a partes iguais a base de orixinais versións de temas marcados polo éxito: dende Beyoncé ata o Gangnam style, pasando por Enrique Iglesias, Michel Teló. Nesta nova xira presentarán novo repertorio e os clásicos de sempre! E claro non podía faltar “Amodiño”

Música e moito humor nos novos temas para a TOUR VACANAL 2017!!!
Entrada de balde

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra en colaboración coa Deputación da Coruña

VACAS 2

ROMARÍA DO CRUCEIRO DE MOLDES

ROMARÍA DO CRUCEIRO DE MOLDES

Este domingo 14 de maio, celebraremos a tradicional romaría de Nosa Sra. de Belén, popularmente coñecida como a Virxe de Moldes. Un lugar significado por crenzas relixiosas do alén dende os tempos prehistóricos até o cristianismo. Como indican a necrópole de mámoas datadas no megalítico presididas polo cruceiro desta Virxe.

Dentro dos atractivos de esta cita indicar que asistimos a unha festa xurdida para festexar a imaxe dun fermoso cruceiro de capeliña, de finais do século XVI ou comezos do XVII, debuxado por Alfonso Castelao no seu libro “As cruces de pedra na Galiza”.

Trátase esta da Pobra do Caramiñal dunha das romaxes con máis popularidade do Barbanza. Pois xa en séculos pasados se celebraba. Ademais da misa campesiña, que será ás 13:00 horas, son habituais os postos de venta de doces, como as rosquillas e tortas de anís, os xogos e as alegrías propiciadas pola música galega.

Ata ben pouco, e hoxe máis ocasionalmente, entre os exvotos ofrecidos a esta Virxe Nai, era tradición ofrecerlle as primeiras espigas de millo, os acios das primeiras uvas colectadas, ovos de man das mozas que agardaban parella, trenzas daquelas outras que procuraban descendencia, velas e ramos de agradecemento, etcétera.

ROMARÍA DO CRUCEIRO DE MOLDES ROMARÍA DO CRUCEIRO DE MOLDES ROMARÍA DO CRUCEIRO DE MOLDES