Archivo por días: 21 febrero, 2017

TÍTERES VIRAVOLTA “TORIBIO DE MAÑÓN

TÍTERES VIRAVOLTA   “TORIBIO DE MAÑÓN

SÁBADO 25 DE FEBREIRO ÁS 18.00 H. NO TEATRO ELMA

Títeres de cachiporra e home orquestra

Recreación con formas do teatro popular, onde se contan as andanzas que lle deron sona a Mamede Casanova  “Toribio de Mañón”, famoso bandoleiro galego de principios do século XX, e que levaron os seus osos a cárcere. Nestas andanzas inspirouse Ramón María del Valle-Inclán para escribir a súa obra «As galas do difunto»

Espectáculo para todos os públicos. Entrada de balde.

TORIBIO 1


 

OBRADOIRO DE MÁSCARAS E ANTIFACES

OBRADOIRO DE MÁSCARAS E ANTIFACES

DO ENTROIDO GALEGO

LUNS 27 DE FEBREIRO  DESDE AS 17.00 H.

NA CASA MARIÑEIRA

As rapazas e rapaces coñecerán as diferentes personaxes e figuras do Entroido galego a través da realización dun obradoiro manual e lúdico. Realizarán as “máscaras” dos choqueiros, dos peliqueiros, dos cigarróns, das pantallas, dos xenerais,… Deste xeito divertiranse adquirindo coñecementos de etnografía e cultura galega.

Obradoiro de balde ata completar prazas. Anotarse na Casa da Cultura.

Titeres