Rosalia de Castro
TÍTERES VIRAVOLTA “TORIBIO DE MAÑÓN
SÁBADO 25 DE FEBREIRO ÁS 18.00 H. NO TEATRO ELMA
Títeres de cachiporra e home orquestra
Recreación con formas do teatro popular, onde se contan as andanzas que lle deron sona a Mamede Casanova “Toribio de Mañón”, famoso bandoleiro galego de principios do século XX, e que levaron os seus osos a cárcere. Nestas andanzas inspirouse Ramón María del Valle-Inclán para escribir a súa obra «As galas do difunto»
Espectáculo para todos os públicos. Entrada de balde.
OBRADOIRO DE MÁSCARAS E ANTIFACES
DO ENTROIDO GALEGO
LUNS 27 DE FEBREIRO DESDE AS 17.00 H.
NA CASA MARIÑEIRA
As rapazas e rapaces coñecerán as diferentes personaxes e figuras do Entroido galego a través da realización dun obradoiro manual e lúdico. Realizarán as “máscaras” dos choqueiros, dos peliqueiros, dos cigarróns, das pantallas, dos xenerais,… Deste xeito divertiranse adquirindo coñecementos de etnografía e cultura galega.
Obradoiro de balde ata completar prazas. Anotarse na Casa da Cultura.
TITIRIELMA CON ESTEBAN ACUÑA E “O TRAXE NOVO DO REI”
SÁBADO 18 DE FEBREIRO ÁS 18.00 H. NO TEATRO ELMA
Esta narración ilustrada, basada no conto de Andersen, utiliza títeres de boca, mesa e miniaturas.
Sinopse:
Un traxe especial, para un rei especial. O traxe novo prometía ser un capricho inigualable e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia dos habitantes da Corte. Pero, sería certo?, funcionaría?
De algún xeito sí, pero non como él o esperaba.
Obra dirixida a nenos e nenas a partir dos 3 anos.
Especies Invasoras en Galicia.
Inauguración da exposición “Especies invasoras en Galicia” o sábado 11 de febreiro ás 20.00 h. na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler.
A mostra poderá visitarse ata o día 6 de marzo.
As especies invasoras están consideradas como unha das principais ameazas á biodiversidade do planeta. Son plantas, animais, fungos e incluso microorganismos que o home traslada desde o seu lugar de orixe a outras zonas do planeta onde reprodúcense con tanto éxito que acaban sendo un problema para as especies nativas.
A Rede de Especies Invasoras (una rede de grupos de investigación das Universidades de A Coruña, Santiago, Vigo y Coímbra) organiza unha exposición sobre as Especies Invasoras en Galicia. Esta exposición financiada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia presenta de maneira sinxela no qué consiste o problema das especies invasoras, algúns exemplos emblemáticos de especies invasoras en Galicia, e unhas recomendacións de boas prácticas para mitigar o risco de novas invasións.
Especies Invasoras en Galicia.
TITIRIELMA. TÍTERES CASCANUECES “O GATO SIMPLE”
Sábado 11 de febreiro ás 18.00 h. no Teatro Elma a Compañía Títeres Cascanueces presenta:
“O Gato simple”. Esta é a historia dun gato tan simple, tan simple, que non sabe nin escribir. E por suposto, ignora que cousa é un rato!!
Acontece que ao noso amigo o Gato só lle interesa comer e durmir, durmir e comer. É tan simple que o Rato faise doño da cociña e está a piques de deixalo sen teito.