Archivo por días: 18 enero, 2017

DOMINGOS A ESCENA

DOMINGOS A ESCENA

Domingo 22 de xaneiro ás 19.00 h. no Teatro Elma  a compañía compostelana TANGATUTANGA TEATRO  presenta

“QUE DEUS NOS COLLA CONFESADOS. CABARÉ BÍBLICO”

Sinopse: No nome do Pai, do Fillo, do Espírito Santo…e do Teatro. Relixiosos ou non, practicantes ou non, de acordo ou non, todos coñecemos moitas historias e pasaxes bíblicas. Son parte da nosa cultura, da nosa historia e necesarias para facer crucigramas. Entón, ¿por que non miralas con novos ollos e con algo de humor e música? Nace así o Cabaré Bíblico de Tangatutanga Teatro, un espectáculo para mentes revoltosas. Que Deus nos colla confesados.

TANGATUTANGA1