MUSICAL INFANTIL E FAMILIAR “DE AQUÍ PARA ALÁ”
XOVES 29 DE DECEMBRO ÁS 18.00 H. NO TEATRO ELMA.
O concerto “De aquí para alá” é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar interpretada por músicos profesionais coordinados por Lydia Botana, autora e directora deste espectáculo.
DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons!
A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, Os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal e colabora a Deputación da Coruña.