Archivo por días: 11 diciembre, 2016

“Valle-Inclán, 150 anos de xenialidade”

Domingo 11 de decembro terá lugar un evento multidisciplinar en homenaxe a Don Ramón del Valle-Inclán. Será no teatro-cine Elma da Pobra do Caramiñal ás 20 horas.

Co título “Valle-Inclán, 150 anos de xenialidade”, trátase dun espectáculo no que, arredor dun guión teatral escrito para a ocasión, irán sumándose cadros escénicos, poéticos, musicais, de Cinema… articulados en torno á vida e á obra literaria do xenio céltico Valle-Inclán.

Organiza a asociación cultural EIRADELA. Dirixe Gustavo Dieste e coordina Patricia López.

Participan: Teatro Bradomin, Barahúnda, Moeda Bella, Lumieira, Tanxedoira, grupo de pandeireta e baile Camariñas, aula de gaita e percusión da Gandaina.

Colabora: Museo Valle-Inclán, Concello da Pobra do Caramiñal e Deputación da Coruña.

dom-apobra


 

 

CICLO DE RELATO BREVE E MÚSICA “LIÑAS PARALELAS”

CICLO DE RELATO BREVE E MÚSICA  “LIÑAS PARALELAS”

 

Sábado  17  de decembro ás 20.30 h. no Teatro Elma “Sucesos de Nadal”, con Pepe Sendón e Marcos Teira á guitarra.

O Nadal globalizado ten a súa liturxia de reunións familiares, bos propósitos e consumo desorbitado. Mais, as veces, o soño de Nadal non se cumpre. Para aqueles que non chegan a destino ou están noutra parte do mundo, para os que perden xente, para os que non queren ou para os que non poden, o Nadal pode ser unha época na que pasan cousas… que non son típicas de Nadal. Contos de Brendan Behan, Auster, Chekhov, Valle-Inclán, Bertolt Brech, Dostoyevsky, Primo Levi e outros

Entrada de Balde

sucesos-no-nadal


 

SINOPSIS

Venres 16 de decembro ás 20.30 h. no Teatro Elma

SINOPSIS

Película non recomendada a menores de 7 anos

Rob Gordon é o dono dunha tenda de discos de Chicago ao  bordo do peche. Só vende discos antigos, dos de vinilo. Rob Gordon é un verdadeiro fanático da música, e pasa o tiempo cos seus dous chalados empregados, o lunático Barry e o tarado Dick. Pero o negocio de Rob non é o único que está facendo augas na súa vida. A relación con Laura, a súa  noiva de sempre, vai  mal e acaba deixandoa . A partires deste momento, Rob comeza a reflexionar sobre os seus  desenganos amorosos e o que significa para él a felicidade.

Unha longametraxe  dirixida polo  actor e director Stephen Frears e que conta no reparto cos actores da talla de John Cusack  como protagonista, xunto coa actriz Iben Hjejle. Esta filme  recibiu numerosas nominacións un ano despois do seu estreo: os premios Bafta e os Globos de Oro e os Grammy.

Organiza a Concellaría de Cultura e colabora a Deputación da Coruña.

Entrada de balde

alta-fidelidad-1