Peter Punk presenta “Peor imposible”

Peter Punk  presenta “Peor imposible”

Venres 9 de decembro ás 20.30 h. no Teatro Elma

A madurez dun pallaso irreverente, gamberro, inconformista e políticamente comprometido.

Isaac Rodríguez métese de novo na pel de Peter Punk, quen para moitos é o mellor  pallaso galego do momento, para enfrentarse á realidade  a golpe de humor e un pedazo de mala baba.

Peor imposible”, o seu cuarto espectáculo, co que consolida a súa colaboración con Walter Velázquez, prestixioso dramaturgo arxentino.

O pallaso galego e o director arxentino teceron fermosas imaxenes e complexos equilibrios cos comentarios ácidos característicos da persoaxe ata construir un espectáculo irreverente e comprometido. Humor «retranqueiro», números participativos, equilibrios con nove paraugas, un impactante circuito da morte e un evocador final cun arriesgado equilibrio son alguns dos fios dos que está feito Peor Imposible, unha proposta clown nada en Galicia e  punteira a nivel internacional.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra e colabora a Deputación da Coruña.

Entrada de balde

peter-punk-1


 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *