PLAYA DE LA ILLA, POBRA DO CARAMIÑAL
PLAYA DA ILLA, POBRA DO CARAMIÑAL por desdepobra
PLAYA DE LA ILLA, POBRA DO CARAMIÑAL
PLAYA DA ILLA, POBRA DO CARAMIÑAL por desdepobra
Peter Punk presenta “Peor imposible”
Venres 9 de decembro ás 20.30 h. no Teatro Elma
A madurez dun pallaso irreverente, gamberro, inconformista e políticamente comprometido.
Isaac Rodríguez métese de novo na pel de Peter Punk, quen para moitos é o mellor pallaso galego do momento, para enfrentarse á realidade a golpe de humor e un pedazo de mala baba.
“Peor imposible”, o seu cuarto espectáculo, co que consolida a súa colaboración con Walter Velázquez, prestixioso dramaturgo arxentino.
O pallaso galego e o director arxentino teceron fermosas imaxenes e complexos equilibrios cos comentarios ácidos característicos da persoaxe ata construir un espectáculo irreverente e comprometido. Humor «retranqueiro», números participativos, equilibrios con nove paraugas, un impactante circuito da morte e un evocador final cun arriesgado equilibrio son alguns dos fios dos que está feito Peor Imposible, unha proposta clown nada en Galicia e punteira a nivel internacional.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra e colabora a Deputación da Coruña.
Entrada de balde
CICLO DE RELATO BREVE E MÚSICA “LIÑAS PARALELAS”
Sábado 10 de decembro ás 20.30 h. no Teatro Elma “Relatos Macabros”, con Pepe Sendón e Marcos Teira á guitarra.
O inverno é boa época para os contos de medo. Ou arredor da lareira como antano, ou nun lugar público, a proximidade do Nadal é ideal para os contos de fantasmas, de defuntos, de premonicións, de soños tétricos. Tempo de revisitar as historias de Poe, Lovecraft, Leonora Carrington, Maupassant, e galegos como Ferrín, Uxía Casal, Ramón Caride…
Entrada de Balde