Archivo por días: 21 noviembre, 2016

EN DECEMBRO VEN AO ELMA

EN DECEMBRO VEN AO ELMA

Programa de teatro, monólogos, música, cine…
2 de decembro ás 20.30 h.:  Carlos Blanco «Ao vivo de momento…»
3 de decembro ás 20.30 h : Liñas Paralelas. Sesións monográficas de relato breve e música con Pepe  Sendón e  Marcos Teira  «Contos desde Siria»
9 de decembro ás 20.30 h.: Peter Punk «Peor imposible»
10 de decembro ás 20.30 h : Liñas Paralelas. Sesións monográficas de relato breve e música con Pepe  Sendón e  Marcos Teira  «Relatos macabros»
16 de decembro ás 20.30 h.: Cine  «Alta Fidelidad
17 de decembro ás 20.30 h : Liñas Paralelas. Sesións monográficas de relato breve e música con Pepe  Sendón e  Marcos Teira  «Sucesos no Nada
23 de decembro ás 20.30 h.: Cine «La Gran Seducción»
26 de decembro ás 18.30 h.: Cine «Viaxe Mágico a África» (infantil)
27 de decembro ás 18.30 h.: Cine «Pérez el Ratoncito de tus sueños 2» (infantil)
28 de decembro ás 18.30 h.: Cine «Kika Superbruja y el Viaje a Mandolán»  (infantil)
29 de decembro ás 18.30 h.: musical  Lidya Botana  «De aquí para alá»  (infantil)
Entrada de balde.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra e colabora a Deputación da Coruña.
decembro-1

A TROPA DO TRAPO presenta “CONTOS COAS MANS ABERTAS”

A TROPA DO TRAPO  presenta  “CONTOS COAS MANS ABERTAS”

25 de novembro ás 12.30 h. no Teatro Elma.

Un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen: as nosas mans abertas.

CONTOS COAS MANS ABERTAS recopila historias reais, humanas e sinceras. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos… todo misturado cun ritmo entretido, cercano e emocionante. Sempre aliñado cun pouco de retranca, misterio e ilusión… e o ritmo da música en directo.

A esta actividade organizada pola Concellaría de Cultura e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade asistiran o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Pobra.

a-tropa-1