Archivo por días: 19 noviembre, 2016

O Aturuxo de Melpómene presenta “Misterios” no Teatro Elma.

O Aturuxo de Melpómene presenta “Misterios” no Teatro Elma.

Asociación Teatral Naronesa O Aturuxo de Melpómene poñerán en escea,  o domingo 27 de novembro ás 19.00 horas,  no Teatro Elma a obra infantil “Misterios”.

Escrita e dirixida por Paula Carballeira, a peza está interpretada por María López, Silvia Casal, Leandro Lamas e Lorena Montero. Dirixida a nenos/as a partir dos seis anos de idade, ten unha duración de 55 minutos.

A protagonista da obra é Mara, unha nena que tentará buscar respostas con tódalas súas forzas aos misterios que, algúns días, semellan aparecer por todas partes: na casa, na rúa, no galiñeiro… “non hai nada máis emocionante nin máis divertido que resolvelos”.

Con esta representación dase por finalizado o Ciclo FESTEAR 2016.

o-aturuxo-1


 

Asociación Teatral Paso de Valverde de Arteixo – SENIOR

Asociación Teatral Paso de Valverde de Arteixo – SENIOR

Sábado 26 de novembro ás 20.30 h  tendes unha cita, no Teatro Elma, ca Asociación Teatral Paso de Valverde  e o seu  espectáculo Sánatos

O pasado volta para mostrarnos como de felices fomos e como de enganados estabamos. Aqueles riseiros aloumiños son hoxe lastre que afunde sen pausa, e o amor trocou en obriga maldita. Haberá lugar para o descanso? E, no fondo, unha pregunta: Cando foi que nos equivocamos? En que momento derrubou a nosa torre de marfil? A vida doe demasiado, non hai por onde fuxirlle”

paso-de-valverde