Archivo por días: 15 noviembre, 2016

FESTEAR 2016. Gargallada Teatro “Estación Sombrío.

FESTEAR 2016
Gargallada Teatro “Estación Sombrío.

Homenaxe ao clown Paco Gónzalez que lle fai Gargallada Teatro con esta obra, interpretada por Gabriel Prada.

O Teatro Elma da Pobra acolle o sábado 19 de novembro ás 20.30 h. unha sesión do certame  FESTEAR  2016 . O grupo Gargallada Teatro escenifica a obra «Estación Sombrío», unha obra de clown moi visual e dinámica que homenaxea ao gran clown galego Paco González ao tempo que pretende ser unha chamada de atención contra a inxustiza e a ignorancia.

gargallada


 

NÓ TEATRO PRESENTA “COS OLLOS NO CEO”

Se queredes pasar un rato agradable e ver algo diferente o que estades acostumados  non fagades plans para o domingo 20 de novembro. Ás 19.00 h. no Elma a Compañía Nó Teatropoñerá en escea a súa última montaxe “Cos ollos no ceo”. Dirixida por Fran Godón, a interpretación corre a cargo de oito actrices e actores (Esther Calviño, Alfonso Pérez, Noa Delgado, Paola Piñeiro, María Villamayor, Iago Millán, Ivan Tubio e Andrea Pouso) que forman parte dos obradoiros de teatro do Concello. O texto é orixinal e foi composto partindo do traballo destes ensaios.

no-teatro