Este luns, día 7 de novembro, ás 19:30 h., terá lugar o acto inaugural da exposición «VALLE-INCLÁN: retratos, caricaturas e visións», de SIRO López, na Casa de Galicia en Madrid. Mostra que permanecerá aberta ás visitas ata o 27 de novembro.
Intervirán:
– D. José Ramón Ónega López, delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia en Madrid.
– D. Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
– D. Siro López Lorenzo Siro, artista e autor da exposición.
– D. Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.
Con motivo do 150º Aniversario do nacemento de D. Ramón del Valle-Inclán, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia promove esta iniciativa como acto de homenaxe e de recoñecemento público ao gran escritor da literatura mundial. A serie valleinclaniana da que é autor SIRO, doada ao Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, cedida para ser exhibida na Casa de Galicia da capital do estado, é unha das coleccións de iconografías máis completa existente arredor daquel a quen Castelao cualificara como «o mellor artista de Galicia».
Podrá ser visitada desde o 7 ao 27 de novembro.