Archivo por meses: noviembre 2016

CARLOS BLANCO “AO VIVO (DE MOMENTO). VENRES 2 DE DECEMBRO ÁS 20.30 H. NO TEATRO ELMA

CARLOS BLANCO  “AO VIVO (DE MOMENTO). VENRES 2 DE DECEMBRO ÁS 20.30 H. NO  TEATRO ELMA
Espectáculo imprescindible no que Carlos Blanco, un dos principais humoristas galegos, repasa dez anos do seus  monólogos máis exitosos. Unha visión lúdica do país coa actualidade do día e cos temas de sempre. Unha inxección de socarronería nos tempos incertos nos que vivimos. Carlos Blanco no seu  mellor momento. “Carlos Blanco AO VIVO (de momento)”.

Entrada de balde.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra e colabora a Deputación da Coruña.

carlos-blanco-1


 

CICLO DE RELATO BREVE E MÚSICA “LIÑAS PARALELAS”

CICLO DE RELATO BREVE E MÚSICA  “LIÑAS PARALELAS”

 

Sábado  3 de decembro ás 20.30 h. no Teatro Elma “Contos desde Siria”, con Pepe Sendón e Marcos Teira á guitarra.

Unha escolma de relatos da literatura siria; Tamir,  Hatmal, Haydar, Rifa`iyya, Al Rahib.

Entrada de Balde

siria


 

 

O Aturuxo de Melpómene presenta “Misterios” no Teatro Elma.

O Aturuxo de Melpómene presenta “Misterios” no Teatro Elma.

Asociación Teatral Naronesa O Aturuxo de Melpómene poñerán en escea,  o domingo 27 de novembro ás 19.00 horas,  no Teatro Elma a obra infantil “Misterios”.

Escrita e dirixida por Paula Carballeira, a peza está interpretada por María López, Silvia Casal, Leandro Lamas e Lorena Montero. Dirixida a nenos/as a partir dos seis anos de idade, ten unha duración de 55 minutos.

A protagonista da obra é Mara, unha nena que tentará buscar respostas con tódalas súas forzas aos misterios que, algúns días, semellan aparecer por todas partes: na casa, na rúa, no galiñeiro… “non hai nada máis emocionante nin máis divertido que resolvelos”.

Con esta representación dase por finalizado o Ciclo FESTEAR 2016.

–A entrada é de balde–

o-aturuxo-1


 

Asociación Teatral Paso de Valverde de Arteixo – SENIOR

Asociación Teatral Paso de Valverde de Arteixo – SENIOR

Sábado 26 de novembro ás 20.30 h  tendes unha cita, no Teatro Elma, ca Asociación Teatral Paso de Valverde  e o seu  espectáculo Sánatos

O pasado volta para mostrarnos como de felices fomos e como de enganados estabamos. Aqueles riseiros aloumiños son hoxe lastre que afunde sen pausa, e o amor trocou en obriga maldita. Haberá lugar para o descanso? E, no fondo, unha pregunta: Cando foi que nos equivocamos? En que momento derrubou a nosa torre de marfil? A vida doe demasiado, non hai por onde fuxirlle”

paso-de-valverde


 

EN DECEMBRO VEN AO ELMA

EN DECEMBRO VEN AO ELMA

Programa de teatro, monólogos, música, cine…
2 de decembro ás 20.30 h.:  Carlos Blanco “Ao vivo de momento…”
3 de decembro ás 20.30 h : Liñas Paralelas. Sesións monográficas de relato breve e música con Pepe  Sendón e  Marcos Teira  “Contos desde Siria”
9 de decembro ás 20.30 h.: Peter Punk “Peor imposible”
10 de decembro ás 20.30 h : Liñas Paralelas. Sesións monográficas de relato breve e música con Pepe  Sendón e  Marcos Teira  “Relatos macabros”
16 de decembro ás 20.30 h.: Cine  “Alta Fidelidad
17 de decembro ás 20.30 h : Liñas Paralelas. Sesións monográficas de relato breve e música con Pepe  Sendón e  Marcos Teira  “Sucesos no Nadal”
23 de decembro ás 20.30 h.: Cine “La Gran Seducción”
26 de decembro ás 18.30 h.: Cine “Viaxe Mágico a África” (infantil)
27 de decembro ás 18.30 h.: Cine “Pérez el Ratoncito de tus sueños 2” (infantil)
28 de decembro ás 18.30 h.: Cine “Kika Superbruja y el Viaje a Mandolán”  (infantil)
29 de decembro ás 18.30 h.: musical  Lidya Botana  “De aquí para alá”  (infantil)
Entrada de balde.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra e colabora a Deputación da Coruña.
decembro-1

A TROPA DO TRAPO presenta “CONTOS COAS MANS ABERTAS”

A TROPA DO TRAPO  presenta  “CONTOS COAS MANS ABERTAS”

25 de novembro ás 12.30 h. no Teatro Elma.

Un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen: as nosas mans abertas.

CONTOS COAS MANS ABERTAS recopila historias reais, humanas e sinceras. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos… todo misturado cun ritmo entretido, cercano e emocionante. Sempre aliñado cun pouco de retranca, misterio e ilusión… e o ritmo da música en directo.

A esta actividade organizada pola Concellaría de Cultura e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade asistiran o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Pobra.

a-tropa-1


 

O Aturuxo de Melpómene presenta “Misterios” no Teatro Elma.

O Aturuxo de Melpómene presenta “Misterios” no Teatro Elma.

Asociación Teatral Naronesa O Aturuxo de Melpómene poñerán en escea,  o domingo 27 de novembro ás 19.00 horas,  no Teatro Elma a obra infantil “Misterios”.

Escrita e dirixida por Paula Carballeira, a peza está interpretada por María López, Silvia Casal, Leandro Lamas e Lorena Montero. Dirixida a nenos/as a partir dos seis anos de idade, ten unha duración de 55 minutos.

A protagonista da obra é Mara, unha nena que tentará buscar respostas con tódalas súas forzas aos misterios que, algúns días, semellan aparecer por todas partes: na casa, na rúa, no galiñeiro… “non hai nada máis emocionante nin máis divertido que resolvelos”.

Con esta representación dase por finalizado o Ciclo FESTEAR 2016.

o-aturuxo-1


 

Asociación Teatral Paso de Valverde de Arteixo – SENIOR

Asociación Teatral Paso de Valverde de Arteixo – SENIOR

Sábado 26 de novembro ás 20.30 h  tendes unha cita, no Teatro Elma, ca Asociación Teatral Paso de Valverde  e o seu  espectáculo Sánatos

O pasado volta para mostrarnos como de felices fomos e como de enganados estabamos. Aqueles riseiros aloumiños son hoxe lastre que afunde sen pausa, e o amor trocou en obriga maldita. Haberá lugar para o descanso? E, no fondo, unha pregunta: Cando foi que nos equivocamos? En que momento derrubou a nosa torre de marfil? A vida doe demasiado, non hai por onde fuxirlle”

paso-de-valverde


 

FESTEAR 2016. Gargallada Teatro “Estación Sombrío.

FESTEAR 2016
Gargallada Teatro “Estación Sombrío.

Homenaxe ao clown Paco Gónzalez que lle fai Gargallada Teatro con esta obra, interpretada por Gabriel Prada.

O Teatro Elma da Pobra acolle o sábado 19 de novembro ás 20.30 h. unha sesión do certame  FESTEAR  2016 . O grupo Gargallada Teatro escenifica a obra “Estación Sombrío”, unha obra de clown moi visual e dinámica que homenaxea ao gran clown galego Paco González ao tempo que pretende ser unha chamada de atención contra a inxustiza e a ignorancia.

gargallada


 

NÓ TEATRO PRESENTA “COS OLLOS NO CEO”

Se queredes pasar un rato agradable e ver algo diferente o que estades acostumados  non fagades plans para o domingo 20 de novembro. Ás 19.00 h. no Elma a Compañía Nó Teatropoñerá en escea a súa última montaxe “Cos ollos no ceo”. Dirixida por Fran Godón, a interpretación corre a cargo de oito actrices e actores (Esther Calviño, Alfonso Pérez, Noa Delgado, Paola Piñeiro, María Villamayor, Iago Millán, Ivan Tubio e Andrea Pouso) que forman parte dos obradoiros de teatro do Concello. O texto é orixinal e foi composto partindo do traballo destes ensaios.

no-teatro