MODELANDO EN BARRO CON RICARDO DÁVILA SANTOS

MODELANDO EN BARRO CON RICARDO DÁVILA SANTOS

Artesán, artista e mestre das belas artes. Internacionalmente coñecido polas súas tallas en raíces de oliveira, pero cunha nada banal traxectoria como creador de arte noutras disciplinas, nas que se inclúe o debuxo publicitario, pintura ou modelado en barro.

As súas mans precisas dan a luz a obras que falan por si soas e nos transportan con elas. Beleza, carácter, sentimento, expresividade…

Por este motivo, os Amigos do Museo Valle-Inclán compartiremos os días 11 e 12 de agosto, unhas xornadas de modelado en barro con Ricardo Dávila Santos que darán comezo ás 11 da mañá na praza do Cantón da Leña; xornadas abertas a todos os que queirades participar.

MODELANDO EN BARRO CON RICARDO DÁVILA SANTOS


 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *