Acto de prensa celebrado esta mañá no Auditorio do Museo Valle-Inclán para dar a coñecer a escultura “El Marqués de Bradomín” doada polo artista Ricardo Dávila

Fotografías do acto de prensa celebrado esta mañá no Auditorio do Museo Valle-Inclán para dar a coñecer a escultura “El Marqués de Bradomín” doada polo artista Ricardo Dávila. Autor oriúndo desta localidade, con ampla traxectoria profesional, asentado en Marbella dende hai décadas.

Trátase dunha talla executada en madeira de oliveira, que representa á personaxe protagonista das célebres Sonatas, serie narrativa cumio da literatura modernista, da que Don Ramón del Valle-Inclán está valorado como gran mestre das letras no eido internacional. Dita escultura será instalada na Torre de Bermúdez, sede do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, presidindo a Sala Bradomín, onde acada un motivado contexto dentro do discurso museístico especializado desta institución.

Resulta admirable observar como desde o plano de fondo ofrecido polo tronco dunha árbore centenaria emerxe a figura vitalista, decidida, cínica e sentimental, do clásico galán e vello aristócrata de rancios pazos galegos. De xeito que ás formas primarias da natureza únense aquelas outras formas instintivas creadas pola talla dun artista hábil, dialogando en conxunto entre si e dando orixe a unha obra de arte contemporánea de magnífico deseño. Trátase, en definitiva, dunha imaxe icónica, animada pola enerxía interior da figura humana que nace dun madeiro nobre. Da transversalidade lograda con éxito entre soporte e figuración.

Estiveron presentes no acto de formalización da súa entrega a esta institución: Xosé Lois Piñeiro García, alcalde da localidade, Genoveva Santos Hermo, concelleira de cultura, Ricardo Dávila Santos, escultor, e Antonio González Millán, director da Casa Museo obxecto desta importante doazón.

Rolda prensa Bradomin-001 acto de prensa celebrado esta mañá no Auditorio do Museo Valle-Inclán para dar a coñecer a escultura “El Marqués de Bradomín” doada polo artista Ricardo Dávila


 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *