Archivo por días: 2 agosto, 2016

XARDÍN DESORDENADO. POBRA DO CARAMIÑAL

XARDÍN DESORDENADO.

No ano 2011 un grupo de músicos de Vigo, unidos polo amor á música, pero tamén ás verbas, decidiron trazar un camiño na procura de palabras ás que poñerlle música. Comezaron un percorrido por  librarías e bibliotecas, e unha aventura que deu como froito unha selección de poesías nacida da provocación que os poetas producían neles.

Logo viñeron as reunións nocturnas nunha bufarda de Tirán para compartir poemas e experiencias.

O seguinte paso foi un novo obxectivo:  promover a poesía galega.  Así naceron XARDÍN DESORDENADO e o seu primeiro traballo, unha escolma que recolle 15 composicións asinadas por homes, ao que lle deron o mesmo nome que ao grupo: “Xardín Desordenado” (2011); as verbas de Uxío Novoneyra, Manuel María, Xohán Cabana, Eduardo Estévez… tiveron clave de swing, blues, bolero,…

O segundo traballo, editado en 2015, é o complemento ideal do seu primeiro disco; dezasete mulleres ceden as súas verbas a estes profesionais para formar parte do disco “Aprendendo a ladrar”: Luz Pichel, Olga Novo,  Yolanda Castaño, Rosalía de Castro,…

Librarías, bibliotecas, teatros ou museos son agora aliados perfectos no obxectivo de XARDÍN DESORDENADO. Os Amigos do Museo Valle-Inclán sumámonos ao grupo de cómplices deste grupo de profesionais da música.

CARTEL. xardín desordenado Xardín Desordenado