A RUTA DAS VERBAS.
A formación teatral VALLE-INNOVA, dirixida por Fátima Rey, tráenos, con ocasión do 150 aniversario do nacemento de don Ramón del Valle-Inclán, a posibilidade de percorrer os lugares da Pobra do Caramiñal máis directamente relacionados co escritor.
A primeira oportunidade para sumarse a este percorrido será este xoves 14 de xullo, cun paseo que comezará ás 12.00 h., sendo o MUSEO VALLE-INCLÁN o punto de encontro para todos aqueles que queiran participar nesta ruta.
En cada unha das paradas se ofrecerá unha explicación breve sobre o lugar e se representará unha escena ao redor de Valle-Inclán.
Trátase dunha ruta turística dramatizada en clave de humor e drama, gratuíta e apta para tódolos públicos. A duración é de hora e media.
A actividade parte da iniciativa da Fundación Valle-Inclán xunto co Museo pobrense, e conta co patrocinio da Xunta de Galicia.
Ao longo do verán haberá novas oportunidades de disfrutar deste percorrido.