Archivo por días: 8 julio, 2016

A RUTA DAS VERBAS.

A RUTA DAS VERBAS.

A formación teatral VALLE-INNOVA, dirixida por Fátima Rey, tráenos, con ocasión do 150 aniversario do nacemento de don Ramón del Valle-Inclán, a posibilidade de percorrer os lugares da Pobra do Caramiñal máis directamente relacionados co escritor.

A primeira oportunidade para sumarse a este percorrido será este xoves 14 de xullo, cun paseo que comezará ás 12.00 h., sendo o MUSEO VALLE-INCLÁN o punto de encontro para todos aqueles que queiran participar nesta ruta.

En cada unha das paradas se ofrecerá unha explicación breve sobre o lugar e se representará unha escena ao redor de Valle-Inclán.

Trátase dunha ruta turística dramatizada en clave de humor e drama, gratuíta e apta para tódolos públicos. A duración é de hora e media.

A actividade parte da iniciativa da Fundación Valle-Inclán xunto co Museo pobrense, e conta co patrocinio da Xunta de Galicia.

Ao longo do verán haberá novas oportunidades de disfrutar deste percorrido.

A RUTA DAS VERBAS.


 

FOTOS DE «QUE OS LEVE O VENTO».

FOTOS DE «QUE OS LEVE O VENTO».

«QUE OS LEVE O VENTO», é unha adaptación á escena de «Visión Estelar de un Momento de Guerra». A montaxe, en clave de drama, transcorre polos diferentes escenarios da Guerra Mundial que Valle-Inclán visitou como correspondente de prensa no bando francés durante a guerra. Unha visión fugaz de toda a catástrofe que desata a loita entre pobo.

"QUE OS LEVE O VENTO". "QUE OS LEVE O VENTO". "QUE OS LEVE O VENTO". "QUE OS LEVE O VENTO". "QUE OS LEVE O VENTO". "QUE OS LEVE O VENTO". "QUE OS LEVE O VENTO". "QUE OS LEVE O VENTO". "QUE OS LEVE O VENTO". "QUE OS LEVE O VENTO".