Archivo por días: 5 julio, 2016

QUE OS LEVE O VENTO.

QUE OS LEVE O VENTO.

Con motivo da celebración do 150 aniversario do nacemento de don Ramón del Valle-Inclán, A Pobra do Caramiñal será escenario dun variado programa cultural que se desenvolverá durante os meses estivais e de outono
A primeira das citas, impulsada pola Fundación Valle-Inclán en colaboración co concello da Pobra e o Museo pobrense dedicado ao escritor, será este xoves 7 de xullo, ás 21.00h., na praia do Areal, que acollerá unha posta en escena que chega da man da formación teatral VALLE-INNOVA, e conta coa dirección de FÁTIMA REY.
«QUE OS LEVE O VENTO», é unha adaptación á escena de «Visión Estelar de un Momento de Guerra». A montaxe, en clave de drama, transcorre polos diferentes escenarios da Guerra Mundial que Valle-Inclán visitou como correspondente de prensa no bando francés durante a guerra. Unha visión fugaz de toda a catástrofe que desata a loita entre pobos.

QUE OS LEVE O VENTO.