Acto de presentación dunha nova variante botánica de Camelia: «Camelia Valle-Inclan». Rexistrada e xa recoñecida no mundo da botánica. Cultivada en Boiro e plantada por primeira vez nun xardín público: o da Casa Museo Valle-Inclán, ou do Cuadrante, en Vilanova de Arousa.
No acto, que congregou a numeroso público (encheu a sala de actos), interviñeron, por convida do Concello irmandado ca Pobra do Caramiñal…
Iniciativa encadrada na efeméride do 150 Aniversario de D. Ramón del Valle-Inclán.
Gonzalo Durán Hermida, alcalde da vila arousá, Carmen Salinero Corral, presidenta da Asociación Española da Camelia e o director do Museo Valle-Inclán da Pobra, xa que se me encomendou pronunciase unhas palabras sobre a presenza da Camelia nos textos literarios de don Ramón e recitase unha escolma deles: Mi hermana Antonia-Jardín Umbrío, Divinas Palabras, e El Ruedo Iberico-La corte de los milagros.
A próxima nova Camelia no Xardín Valle-Inclán da Pobra (xa suxerin a destra e sinistra entre os asistentes. E Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, o que glosou unha breve disertación arredor da presenza da Camelia nos textos literarios de D. Ramón del Valld-Inclán, e de seguido, recitou aos presentes varios deses textos: Mi hermana Antonia (relato de Jardín Umbrío), Divinas Palabras, e, La corte de los milagros & Baza de espadas (da serie El Ruedo Ibérico).
De seguido, procedeuse á plantación da nova variedade de camelio no coidado xardín que adorna a contorna do pazo do Cuadrante.