O CAFI, Centro Autonómico de Formación e Innovación do profesorado, da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia, interesa aos docentes do país para que coñezan o Museo Valle-Inclán e a Ruta biográfica e literaria do escritor na Pobra do Caramiñal e O Barbanza.

O CAFI, Centro Autonómico de Formación e Innovación do profesorado, da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia, interesa aos docentes do país para que coñezan o Museo Valle-Inclán e a Ruta biográfica e literaria do escritor na Pobra do Caramiñal e O Barbanza.
Este sábado, 4 de xuño, tiña lugar unha visita guiada polo Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, seguida doutra guiada, comentada e literariamente recitada pola Ruta biográfica e literaria do universal escritor así pola propia localidade así pola comarca do Barbanza. A solicitude do CAFI, Centro Autonómico de Formación e Innovación do profesorado, da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia, exerceu como relator Antonio González Millán, director do centro museístico. A xornada, complemento dunha primeira anterior de orde académica impartida por investigadores da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela e por Xaquin del Valle-Inclán Alsina, neto do autor e estudoso seu, director editorial de CUADRANTE, revista especializada de asuntos valleinclanianos e históricos das Terras da Arousa, desenvolveuse nunha quenda maratoniana. Ás 10:00 h. o grupo era recibido en Torre de Bermúdez, onde foi ilustrado sobre os valores deste monumento e da colección patrimonial visitable que ofrece. As súas potencialidades culturais, educativas e do lecer que brinda aos docentes galegos para futuras organizacions de actividades en colaboración coa entidade pobrense. Xa, logo, de recoller o material didáctico específicamente  preparado para a ocasión, proseguiron o seu percorrido polos grandes fitos ramonianos na Pobra e Caramiñal. E así, despois da Torre dos Valle Bermúdez, polo antigo pazo do Colo de  Arca dos Saco Bolaño, o Hostal Ferro, a Botica de Tato, o Casal dos Montenegro sito no número 5 do Xogo da Bola, a igrexa de Santa Maria do Caramiñal, os pazos da Casa grande de Aguiar-Rábago e Couto de Otero Valderrama, a igrexa de Santiago do Deán… Despois dun almorzo a base de productos do país, pola tarde, proseguirían ata a praia do Areal, lendo textos do pai de Valle-Inclán sobre a dura vida das xentes do mar, e diante da Casa de Victoriano García Martí unha aplaudida semblanza do vello porto mariñeiro e a vida perdida do barrio dos Catalans. Tamén a Torre fortaleza dos Xunqueiras-Gasset e o miradoiro de Valle-Inclan, señoteado pola

O CAFI, Centro Autonómico de Formación e Innovación do profesorado, da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Xunta de Galicia, interesa aos docentes do país para que coñezan o Museo Valle-Inclán e a Ruta biográfica e literaria do escritor na Pobra do Caramiñal e O Barbanza. O CAFI, Centro Autonómico de Formación e Innovación do profesorado, da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Xunta de Galicia, interesa aos docentes do país para que coñezan o Museo Valle-Inclán e a Ruta biográfica e literaria do escritor na Pobra do Caramiñal e O Barbanza. O CAFI, Centro Autonómico de Formación e Innovación do profesorado, da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Xunta de Galicia, interesa aos docentes do país para que coñezan o Museo Valle-Inclán e a Ruta biográfica e literaria do escritor na Pobra do Caramiñal e O Barbanza.
escultura feita en homenaxe ao escritor por Benito Prieto Coussent en 1936 (o primeiro dos numerosos monumentos consagrados a Ramón del Valle-Inclán en España, censurado pola dictadura en 1954), foron obxeto de atención dos docentes que seguiron as explicacións do director do Museo. Para concluir, logo dunhas nocións sobre xeografia arousana e topografía valleinclaniana no Barbanza, a expedición   trasladouse ata o Dolmen de Axeitos, megalito dado a coñecer á erudición histórica na carta que Ramón del Valle Bermúdez dirixía a Manuel Murguía un 7 de setembro de 1866. Megalito ao que o seu fillo cursaría excursions en 1921-1923 e ao que dedicou un maxistral poema: KARMA, en 1919. A maratoniana xornada saldouse cun unánime aplauso dos docentes e cun brinde a futuras novas iniciativas sobre o autor arousano na comarca.
Ás 20:30 o poeta e recitador, o que é escritor membro da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán, Xoan Xosé Fernández Abella, interpretou o KARMA de Valle e tamén un soneto conmemorativo da súa propia autoría dedicado a don Ramón, ante os asistentes reunidos a carón do dolmen. Momento que puso o broche final desta iniciativa de ámbito Autonómico.


 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *