Archivo por días: 27 febrero, 2016

Presentación, 150 Aniversario Valle-Inclán

Presentación, 150 Aniversario Valle-Inclán

Presentación pública de onte na Cidade da Cultura das actividades coas que se conmemora o 150º Aniversario de Valle-Inclán, enviámoslle o dossier da programación en versión electrónica.
 
Tamén lle remitimos unha foto de grupo e a imaxe gráfica que unifica esta efeméride, co desexo de que sexa de utilidade na difusión dos diversos proxectos que se levarán a cabo ao longo dos próximos meses.
 
Moitas grazas pola súa colaboración e implicación para facer posible unha celebración colectiva arredor de don Ramón del Valle-Inclán.

dossier programa 150 anos Valle-Incla

n Presentación Presentación Presentación

11,00 h.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentará a programación conmemorativa do 150º aniversario de Valle-Inclán, xunto coa Asociación Amigos de Valle-Inclán, a Fundación Valle- Inclán, os concellos da Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa, e a USC. Na Sala Eisenman da Cidade da Cultura (Monte Gaiás, s/n). foto xoán crespo 26/02/16
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentará a programación conmemorativa do 150º aniversario de Valle-Inclán, xunto coa Asociación Amigos de Valle-Inclán, a Fundación Valle-
Inclán, os concellos da Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa, e a USC. Na Sala Eisenman da Cidade da Cultura (Monte Gaiás, s/n).
foto Xoán Crespo


 

 

XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN

XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN

Coincidindo co 150 aniversario do nacemento de don Ramón del Valle-Inclán, son moitas as entidades culturais que están a desenvolver un programa de actividades en homenaxe a unha das máis grandes figuras literarias.

O pasado mes de xaneiro o Museo Valle-Inclán inauguraba a mostra “Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido”, comisariada por Rosario Mascato e promovida polo Consello da Cultura Galega. Continuando coa liña de homenaxear a don Ramón, neste mes de febrero é a quenda das XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN que promove o C.A.F.I. (Centro Autonómico de Formación e Innovación), unha iniciativa orientada ao profesorado como axente de formación de alumnos nos centros educativos.

As Xornadas inaugurábanse na Casa do Cuadrante en Vilanova de Arousa, o venres 26 de febreiro ás 16:00 h., e hoxe continúan durante toda a xornada no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, onde intervirán ó longo do día, dona Rosario Mascato Rey, dona Sandra Domínguez Carreiro, don Xaquín del Valle-Inclán, dona Carmen E. Vílchez Ruiz, e dona Margarita Santos Zas. Ó remate o director do Museo, don Antonio González Millán, conducirá aos asistentes polas dependencias da entidade cultural en visita guiada.

XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN XORNADAS SOBRE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN