Xornadas formativas arredor de Ramón del Valle-Inclán
Poñemos no seu coñecemento que durante os días 26 e 27 de febreiro, e nas localidades de Vilanova de Arousa e A Pobra do Caramiñal, terán lugar as “Xornadas Ramón María del Valle-Inclán”, organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), en colaboración coas institucións e entidades valleinclanianas de Galicia que figuran no material editado que enviamos en arquivos.
Trátase dunha iniciativa orientada ao profesorado, como axente de información e de formación dos alumnos dos distintos ciclos educativos, que teñen en conta o labor divulgativo das Casas Museos do escritor.
Para máis información poden poñerse en contacto con:
Sandra Domínguez Carreiro, Asesora de Formación, Departamento de Linguas, Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), Santiago de Compostela, Tel. 981 522 411, www.edu.xunta.es/wb/cafi