Archivo por días: 24 febrero, 2016

Xornadas formativas arredor de Ramón del Valle-Inclán

Xornadas formativas arredor de Ramón del Valle-Inclán

Poñemos no seu coñecemento que durante os días 26 e 27 de febreiro, e nas localidades de Vilanova de Arousa e A Pobra do Caramiñal, terán lugar as “Xornadas Ramón María del Valle-Inclán”, organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), en colaboración coas institucións e entidades valleinclanianas de Galicia que figuran no material editado que enviamos en arquivos.

Trátase dunha iniciativa orientada ao profesorado, como axente de información e de formación dos alumnos dos distintos ciclos educativos, que teñen en conta o labor divulgativo das Casas Museos do escritor.

Para máis información poden poñerse en contacto con: 

Sandra Domínguez Carreiro, Asesora de Formación, Departamento de Linguas, Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), Santiago de Compostela, Tel. 981 522 411, www.edu.xunta.es/wb/cafi   cafi.linguascooficiais2@edu.xunta.es

Xornadas formativas arredor de Ramón del Valle-Inclán Xornadas formativas arredor de Ramón del Valle-Inclán


 

Actos informativos sobre o inventrario de camiños

Actos informativos sobre o inventrario de camiños
Nos vindeiros días, dende o luns 29 de febreiro ata o xoves 10 de marzo, o concello da Pobra do Caramiñal organizará unha serie de actos informativos sobre o inventario de camiños municipais, que terán lugar en diferentes lugares e parroquias do municipio. A intención é achegar a información á cidadanía, para que cada veciño e veciña que o considere oportuno poda alegar no sentido que considere oportuno: solicitando a retirada dun camiño por non consideralo público, ou pola contra esixir que se inclúa unha vía que non ven recollida no documento por considerala neste caso como pública.
O inventario de vía municipais é unha ferramenta de gran valor e moi útil para un concello e para a súa veciñanza, pois evitará a aparición de novos conflitos sobre a titularidade dos camiños, pistas e sendas peonís. A participación da cidadanía é fundamental para acadar un documento o máis completo posible e con maior estabilidade e seguridade xurídica. Polo tanto dende o Goberno Municipal queremos animar a participar en calquera das reunións a todas as persoas que pensen que poden contribuír a mellorar o proxecto.
Os actos informativos celebraranse as 20:30 horas nos seguintes lugares os días indicados:
 29 de febreiro: No local da Comunidade de Montes. (San Isidro-Ouxo-Pumadiño-Casás-Vilariño-Armental-Vilas).
 1 de marzo: Na escola da Ribeiriña. (Ribeiriña-Conchido).
 2 de marzo: Na escola do Camiño Ancho. (Camiño Ancho-A Tomada).
 7 de marzo: No local do Muíño en Pontebarbanza. (Pontebarbanza-As Pontes-San Lázaro).
 8 de marzo: Na escola de Santa Cruz. (Santa Cruz-Pedriñas-Rego-Tarrío-Lesón).
 9 de marzo: Na escola da Angustia. (Angustia-Lomba-Crocha).
 10 de marzo: Na antiga escola de música do Campiño. (Maño-Campiño).

Actos informativos sobre o inventrario de camiñosta 18022016 165339


 

24 de febrero día de Rosalía de Castro

24 de febrero día de Rosalía de Castro

A ORILLAS DEL SAR

A través del follaje perenne
que oír deja rumores extraños,
y entre un mar de ondulante verdura,
amorosa mansión de los pájaros,
desde mis ventanas veo
el templo que quise tanto.

El templo que tanto quise…,
pues no sé decir ya si le quiero,
que en el rudo vaivén que sin tregua
se agitan mis pensamientos,
dudo si el rencor adusto
vive unido al amor en mi pecho.

24 de febrero día de Rosalía de Castro 24 de febrero día de Rosalía de Castro 24 de febrero día de Rosalía de Castro