Archivo por días: 9 enero, 2016

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN «OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN»

INAUGURADA NO MUSEO A EXPOSICIÓN “OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS: VALLE-INCLÁN TRADUCIDO [1906-1936]”

No acto inaugural, celebrado no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal o venres, 8 de xaneiro, interviron o Alcalde da localidade, Xosé Lois Piñeiro García, o Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxo M. Lorenzo Suárez, o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, a Comisaria da mostra, Rosario Mascato Rey, e o Director do centro museístico, Antonio González Millán.

Entre os presentes, non faltaron á cita o familiar do escritor e director da revista Cuadrante, Xaquín del Valle-Inclán Alsina, nin representantes de distintos grupos da Corporación Municipal: Concelleiros Miguel Alamancos, Manuel Durán e Ramiro Ouviña.

Sumáronse aos veciños congregados para participar deste evento destacado, tanto locais como das bisbarras do Barbanza, do Salnés e de Compostela, membros de varias entidades e asociacións. E así: do grupo de investigación Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, do Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado, da Fundación Valle-Inclán, da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán da Pobra, da Asociación Amigos de Valle-Inclán de Vilanova de Arousa, da Asociación Cultural Barbantia, da Asociación Amas de Casa da Pobra, e creadores das artes, como Xoán Xosé Fernández Abella e Manuel Teira Luaces, entre outros.

Esta exposición itinerante é un proxecto promovido polo Consello da Cultura Galega, materializado a través da actualidade investigadora da Cátedra Valle-Inclán da USC. A súa orientación divulgativa está interesada en revelar a proxección internacional de don Ramón del Valle-Inclán nos tempos que lle foron contemporáneos. Un autor de referencia mundial con textos literarios traducidos a máis de 32 idiomas entre 1906 e 1936, linguas como o Ruso, Estonio, Sueco, Polaco, Inglés, Francés, Italiano, Portugués, Galego… Entre os temas analizados pola exposición verbo deste “galego extraordinario”, a xuízo valorativo de Alfonso Castelao: o seu Atlántismo, a súa faceta de tradutor doutros literatos, o seu Celtismo, as dificultades da tradución das súas obras, a panorámica das traducións das súas obras, etcétera.

Complementos de gran interese son catro monitores de contidos audiovisuais, onde o público pode observar parte da colección de imaxes e caricaturas que reúne sobre o universo valleinclaniano, entrevistas e comentarios de investigadores do creador arousano, e en especial, a audición dalgunhas obras de don Ramón en distintos idiomas internacionais ou trasladados á lingua de signos para achegalo ás persoas xordas, grazas á colaboración do profesorado da Escola Oficial de Idiomas da USC.

Antes da súa arribada ao Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, esta exposición foi exhibida en lugares principais, como a Biblioteca Central da Universidade de Santiago de Compostela, o Instituto Cervantes de Lisboa (Portugal), ou a Academia de España en Roma (Italia), estando prevista a súa singradura logo por países europeos e americanos. 

Pode ser visitada ata o próximo 10 de febreiro de 2016 en horario habitual de apertura ao público.

 

1534887_1544467009212987_6997339437097502263_o INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN" INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN" INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN" INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN" INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN" INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN" INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN" INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN" INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN" INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN" INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS DE VALLE-INCLÁN"

[mappress mapid=»7″]