Archivo por meses: octubre 2015

EXCURSIÓN VILAS VALLE-INCLANIANAS 2015 – VILANOVA DE AROUSA

EXCURSIÓN VILAS VALLE-INCLANIANAS 2015 – VILANOVA DE AROUSA

EXCURSIÓN VILAS VALLE-INCLANIANAS 2015 – COMBARRO

EXCURSIÓN VILAS VALLE-INCLANIANAS 2015 – COMBARRO

 

RUTA VILAS DE VALLE-INCLÁN

RUTA VILAS DE VALLE-INCLÁN

VILAS DE VALLE-INCLÁN

 

EXCURSIÓN VILAS VALLE-INCLANIANAS 2015 – EN PONTEVEDRA

EXCURSIÓN VILAS VALLE-INCLANIANAS 2015 – EN PONTEVEDRA

 

 

INAUGURACIÓN MOSTRA HÉITOR PICALLO

INAUGURACIÓN MOSTRA HÉITOR PICALLO

Inauguración da mostra de Héitor Picallo onte na Casa da Cultura da Pobra, onde estiveron presentes algúns artistas barbanzanos como Domingo Regueira, Manuel Teira Luaces e a presidenta da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán, Paola García Paz.

 
Aproveito para recordarvos que hoxe, ás 20:30 h. teremos o recital poético musicada a cargo de Marta Pedrosa Agra na sala «Valle-Inclán e o seu tempo» do Museo.

 

SERAN ABERTO

SERAN ABERTO

SERAN ABERTO

VIERNES 13 DE NOVEMBRO ÁS 20,30 HORAS NO CANTÓN DA LEÑA

 

 

Mostra de Héitor Picallo

Mostra de Héitor Picallo

Dentro do marco da XVII edición das Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán, este venres, 16 de outubro, ás 20:30 h., inauguramos a mostra asinada polo artista HÉITOR PICALLO, “A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiña.Debuxos arqueolóxicos”, que permanecerá aberta ata o 17 de novembro, na Casa da Cultura Raquel Soler.

A exposición recolle un total de 40 láminas de debuxos arqueolóxicos en augatinta, e reproduce os elementos máis significativos deste edificio civil, con raíces no século VXI, e que, alén de ter sido morada do egrexio escritor Valle-Inclán,  é o lugar onde se localiza hoxe o museo pobrense.

Medallóns, gárgolas, pilastras, xanelas, portas, detalles constructivos debuxados ao mínimo detalle logo dun estudo previo e detallado de cada un dos elementos representados.

Está previsto que esta mostra de debuxo arqueolóxico discorra por diversos concellos vinculados a Valle-Inclán, entre eles Vilanova de Arousa, Pontevedra e Santiago de Compostela.

 

MARTA PEDROSA. RECITAL POÉTICO

MARTA PEDROSA. RECITAL POÉTICO

Un gran talento con moito que ofrecer. 

Marta Pedrosa Agra, natural do Freixo, actualmente afincada na localidade de Santa Uxía de Ribeira, é unha desas persoas que conseguen facer maxia coas palabras, non en balde ela mesma di: “a miña vocación é a palabra”.

Ben nova era cando cando gañou o seu primeiro concurso de relatos e corrían aínda os anos tenros da E.X.B. cando comezou a fixar a súa mirada na poesía. 
A súa pegada literaria pasa polo poemario colectivo “Pegadas” da Porta Verde do Séptimo Andar, o colectivo literario Sacou a través das súas publicacións mensuais de “A Caramuxa”, ou a revista “A Casa da Gramática”. Ademais leva participado como convidada en numerosos recitáis, nos que deu mostras do seu talento e creatividade como escritora e como recitadora.

Os Amigos do Museo Valle-Inclán convidámola a participar nesta XVII edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán na Pobra para que faga seu o escenario da sala “Valle-Inclán e o seu tempo” no museo dedicado ó gran don Ramón.

A cita con ela é o sábado 17 de outubro ás 20:30 h. 

Con ela estarán tamén Alexandre Fontán, Manuel Teira Luaces e Cris Román

 

EXCURSIÓN .- VILAS VALLE-INCLANIANAS

XORNADA DE  HOMENAXE A VALLE-INCLÁN

EXCURSIÓN .- VILAS VALLE-INCLANIANAS

IMG-20151010-WA0000

 

SERGIO PAZOS NO MUSEO VALLE-INCLÁN

SERGIO PAZOS NO MUSEO VALLE-INCLÁN

Imágenes de la actuación de Sergio Pazos en el museo Valle-Inclán en Pobra.