SERGIO PAZOS NO MUSEO E MAGOSTO NA RÚA

 

Este fin de semana a XVII edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán tráenos unha cita co polifacético artista Sergio Pazos, coñecido entre o público galego polo seu papel de Paspallás na serie da TVG «Pratos combinados» e polo público nacional como un dos reporteiros do programa «Caiga quien caiga», volve ó cartel das Xornadas de homenaxe a don Ramón para ofrecernos o seu espectáculo REBENTO SE NON O CONTO. 

A cita é no Auditorio do Museo Valle-Inclán o venres 9 de outubro, ás 20:30 h.
 
Tamén nestas xornadas recuperamos o tradicional magosto da man da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán. As prazas Rosalía de Castro e Cinco Calles acollerán, a partir das 20:30 h. do sábado 10 de outubro, unha xuntanza na que non fallarán as castañas asadas, a queimada e a música de foliada que nos traerá o grupo de gaitas MALVASÍA.
 
Agardámosvos a todos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *